Terceira edición da DemoWeek de Gradiant para mostrar os últimos avances en conectividade, intelixencia e seguridade | Gaiástech

Terceira edición da DemoWeek de Gradiant para mostrar os últimos avances en conectividade, intelixencia e seguridade

En liña
Imparte: Gradiant
  • O centro vigués abre as portas da súa nova sede a empresas e profesionais para compartir os últimos desenvolvementos tecnolóxicos feitos en Galicia
  • Nestas xornadas prestarase especial atención aos  sistemas aéreos non tripulados  e a Industria Intelixente

Programa:

O desenvolvemento de tecnoloxías enfocadas á conectividade, a intelixencia e a seguridade centrarán os cinco días do evento DemoWeek de Gradiant que se celebrará o próximo mes de outubro. Nestas xornadas, o centro tecnolóxico compartirá con profesionais e empresas os últimos avances levados a cabo polas diferentes áreas de traballo de Gradiant. Farao xunto aos seus socios nos diferentes consorcios e centros tecnolóxicos nacionais e internacionais. Esta DemoWeek de Gradiant continúa a senda que iniciou a organización en 2019. O evento converteuse nunha cita imprescindible para coñecer as novas tendencias no ámbito da investigación e desenvolvemento de tecnoloxías. 

Como en anteriores edicións da DemoWeek, Gradiant dedicará unha das xornadas á conectividade. Ese día, as redes 5G serán as protagonistas dos paneis e demostracións. En Intelixencia artificial, Gradiant sitúase como un dos centros tecnolóxicos europeos clave para o uso desta tecnoloxía na industria e no ámbito sanitario. Entre os avances que mostrará durante a segunda xornada da DemoWeek, estará o proxecto europeo PERSIST, coordinado por Gradiant. 

A seguridade é unha das áreas de investigación e desenvolvemento tecnolóxico lideradas polo centro tecnolóxico Gradiant desde Galicia para o mundo. Entre os proxectos e solucións agendados para a terceira xornada da DemoWeek atópanse: VALIDA, SafeGate  ou IMPULSE.

Así mesmo, no evento tamén participarán profesionais do sector como relatores ou colaboradores nos diferentes paneis e mesas redondas. Algunhas destas persoas expertas nos ámbitos de seguridade, intelixencia e conectividade traballan para outros centros tecnolóxicos socios dos consorcios cos que Gradiant investiga e desenvolve as diversas solucións tecnolóxicas.

Gradiant está sempre á vangarda dos avances en conectividade, intelixencia e seguridade. Nesta terceira edición, suma dous ámbitos máis aos que dedicará estas xornadas de portas abertas. Estas áreas son transversais ás mencionadas: os sistemas aéreos non tripulados (UAS, polas súas siglas en inglés) e a Industria Intelixente. 

O camiño da innovación tecnolóxica
Coa DemoWeek 2022, Gradiant afianza unhas xornadas de portas abertas que se celebran desde 2019 e que resultaron ter moi boa acollida. No evento que se organizou o ano pasado de maneira virtual (debido á situación sanitaria) participaron case 200 persoas. Os profesionais e responsables de empresas dos diferentes sectores económicos de Galicia teñen a oportunidade de coñecer os resultados dos últimos avances tecnolóxicos e solucións que se desenvolven dentro a comunidade autónoma. Ademais, poden coñecer da man das súas desarrolladores, os últimos proxectos e solucións nas que están a traballar. Tamén hai previsto, que se poidan organizar reunións B2B para as persoas interesadas. 

Ao longo dos seus 14 anos de existencia, Gradiant xerou máis de 200 solucións para PEMES en Galicia. Así mesmo, o centro tecnolóxico situouse como un dos máximos referentes a nivel nacional e europeo tras finalizar máis de 370 proxectos de I D i. Destas investigacións e solucións, o 85 % comercializáronse e foron integradas por compañías como Boeing, Eleven Paths, Microsoft, Navantia, Samsung ou institucións como a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). 

A DemoWeek de Gradiant é a cita anual en Galicia para aqueles profesionais que desexen descubrir cales serán as tecnoloxías nas que se apoiarán as empresas e entidades para afrontar os retos presentes e futuros. 

Interveñen

Imparte:

Gradiant

Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia - Entidade adherida oficialmente a CIBER.gal

Máis Información

demoweek gradiant

Cando?

09 de Novembro de 2022
12:30 - 13:30 h

Onde?

En liña

Quen participa?

Gradiant