Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Toxicidade dixital e o seu impacto nos nosos fillos e fillas | Gaiástech

Toxicidade dixital e o seu impacto nos nosos fillos e fillas

Presencial (Centro GaiásTech)

O obxectivo da sesión é concienciar a pais e nais dos riscos asociados ao uso de smartphones en idades temperás, e promover un pacto social para atrasar a entrega do primeiro móbil intelixente aos nosos pequenos e mozos ata os 16 anos.
 

Programa:

  • Entender mellor como funcionan  a día de hoxe as contornas dixitais que usa a rapazada 
    • Redes sociais
    • Plataformas
    • Algoritmos
    • IA
  • Tomar conciencia de que estes sistemas non son neutros, senón que están deseñados para captar atención e xerar hábitos.
  • Reflexionar sobre o impacto real que isto pode ter no benestar, a atención e o desenvolvemento de nenos e adolescentes.
  • Avaliar criterios e claves prácticas para acompañar nos fogares desde unha mirada realista e non culpabilizadora.
     

Imparte:

Adolescencia Libre de Móviles

Movemento xurdido en Barcelona (Poblenou), cuxo obxectivo é empoderar ás familias e promover un pacto social para que o máximo número de fogares atrasen a entrega do primeiro smartphone aos seus fillos e fillas e traballar no bo uso para aquelas que xa o teñen.
Neste movemento confluímos máis 30.000 familias e profesionais da saúde, educación e tecnoloxía de toda a xeografía española, con diferentes ideoloxías, relixións e niveis socioeconómicos, co obxectivo compartido de educar e protexer aos nosos fillos e fillas.
 

ia_adolescentes

Cando?

26 Feb 2026
De 16:30 a 18:00

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech)

Quen participa?

  • Adolescencia Libre de Móviles

Para quen?

  • Pais e nais
  • Docentes