Transformación Dixital e Lei Antifraude
Centro GaiásTech e Streaming
Un gran número de pequenas empresas e autónomos xestionan o seu negocio mediante ferramentas ofimáticas como follas de cálculo ou mesmo directamente en papel. Pero coa nova lei antifraude non é aconsellable seguir realizando esta práctica xa que non garanten os principios que esixe esta nova lei de integridade, conservación, accesibilidade, lexibilidade, rastrexabilidade e inalterabilidade dos rexistros.
Programa:
- TRANSFORMACIÓN DIXITAL COMO OPORTUNIDADE. Cambio inspiracional.
- Introdución á Transformación Dixital.
- Novas oportunidades Vs. ameazas
- Adaptarnos á nova realidade Dixital.
- LEI ANTIFRAUDE. Introdución.
- Contra que tipo de fraudes loita esta lei?
- Vantaxes e inconvenientes da lei e o seu regulamento.
- Beneficios e oportunidades para os autónomos e pemes.
- Realmente que supón esta lei aos autónomos e pemes.
- Poderei seguir facendo as miñas facturas de maneira analóxica?
- Váleme o meu programa actual para emitir facturas?
- A NOVA LEI ANTIFRAUDE E AS SÚAS IMPLICACIÓNS NO SOFTWARE DE XESTIÓN.
- Que di a nova lei antifraude?
- En que me afecta a nova lei antifraude?
- Podo ser sancionado se uso un programa non homologado pola Axencia Tributaria?
- E o seu regulamento de desenvolvemento?
- Puntos máis destacados da Lei Antifraude.
- Como cumprir os requisitos da Lei Antifraude?
- Do reactivo… ao preventivo.
- Infraccións e sancións.
- QUENDA DE PREGUNTAS
- FINALIZACIÓN-CAFÉ Despedida de asistentes ao evento.
Impartido por



Cando?
15 Nov 202216:30 - 18:00
Onde?
Centro GaiásTech e Streaming
Quen participa?
- Luís Fernando León
- Ismael Grande Martínez
Para quen?
Para pequenas, medianas empresas e autónomos.