A transformación Dixital nas pemes e Odoo como eixo central dos procesos
O obxectivo da sesión é dar a nosa visión de como debemos enfrontar a transformación dixital das pemes, e de como Odoo pode ser una peza fundamental onde concentrar os investimentos para dixitalizar os procesos da empresa.
Programa:
- A dixitalización : As pemes e os investimentos en transformación dixital.
- Software Libre estratéxico para as pemes e a propiedade dos investimentos.
- Recursos Humanos: Fonte de valor engadido .
- A xestión do negocio estandarización e automatización dos fluxos de traballo.
- A conectividade entre distintas plataformas: Odoo como integrador dos recursos.
Interveñen
Imparte:

Libreinnova
Libreinnova conta cun equipo onde utilizando Odoo como ferramenta principal, implantan e adaptan o software. O marketing dixital é tamén unha das líneas de negocio más importantes da empresa.
Organiza:
Agasol (Asociacion de empresas galegas de software libre)
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.
Levamos en Galicia desde o ano 2007 e actualmente traballamos con empresas e gobernos de distintas partes de España, como Madrid, Andalucia, País Vasco, etc é en 20 países do mundo, como Corea do Sur, Xapón, USA, Finlandia,, etc e en 4 continentes
Impartido por

Iván Prieto
Iván Prieto é Licenciado en ADE e MBA por ESADE cunha gran experiencia en xestión tanto en PeMEs, así como en empresas multinacionais. Desenvolveu a súa carreira como xerente de varias empresas de diferentes Sectores e hai catro anos iniciou o proxecto de Libreinnova Dixital.

Cando?
25 Out 2021Onde?
Quen participa?
- Libreinnova
- Iván Prieto
Para quen?
Todas as persoas interesadas en entender como irremediablemente a dixitalización vai afectar no seu negocio é como Odoo pode ser o pilar central onde se concentran os seus investimentos en dixitalización.