Transformación Dixital para pemes industriais | Gaiástech

Transformación Dixital para pemes industriais

Streaming
Imparte: ASM

Inscríbete

O obxectivo da sesión é ter unha visión xeral sobre o proceso de transformación dixital nunha empresa produtiva.

Preténdese mostrar unha folla de roteiro realizable por calquera peme, que permita avanzar de maneira organizada nese proceso, integrando nas plataformas de xestión do negocio (ERP) e a fábrica (MES- MOM) as funcionalidades críticas para mellorar a toma de decisións, con información en tempo real e ferramentas de análises de datos que orienten ao usuario.

Programa:

A Fábrica Dixital. Folla de roteiro para a dixitalización dunha empresa de fabricación.

  • O ERP como base da xestión empresarial.
  • A dixitalización da planta produtiva. Sistemas MES- MOM.
    • Xestión de fabricación
    • Control de Calidade
    • Mantemento
  • Ferramentas de análises de datos.
  • Quenda de preguntas
  • Café virtual (privado)*
     

Interveñen

Imparte:

ASM

Empresa TIC con 35 anos de experiencia especializada na dixitalización de empresas produtivas a través solucións de software empresarial ERP e de fabricación MES-MOM.

Cun equipo de máis de 50 persoas, ASM dispón dunha extensa experiencia na dixitalización de empresas de sectores como o agroalimentario, farmacéutico, metalmecánico con solucións adaptadas a grandes e pequenas e medianas empresas.
 

transformacion digital

Cando?

19 de Abril de 2022
12:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

ASM

Para quen?

Dirección e responsables de produción, calidade, mantemento ou mellora continua de pemes con procesos de fabricación.