A túa planta nunha ollada! Caso de éxito no sector da alimentación contado por Kiwi Atlántico | Gaiástech

A túa planta nunha ollada! Caso de éxito no sector da alimentación contado por Kiwi Atlántico

Só por streaming

ACCESO AO STREAMING

 

 

O obxectivo da sesión é mostrar como unha solución baseada en ferramentas de código libre, permite ás empresas mellorar e ter unha visión da súa planta nunha ollada.
A realidade do día a día das empresas:

  • Sabes que é fundamental tomar decisións áxiles
  • Os datos son claves para a dixitalización e a detección de problemas
  • Dedicas moitas horas a “traballar” os datos en excel
  • Tomas decisións con datos de onte.

Con isto hai que xestionar unha produción para as que os clientes esixen cada vez máis axilidade.
A solución necesaria:

  • Deixa de perder tempo con follas de cálculo e papeis
  • Recolle datos automaticamente
  • Visualizacións en tempo real
  • Reportes personalizados

Kiwi Atlántico, contaranos a súa experiencia en primeira persoa, o seu proceso de dixitalización e que lles achega unha solución como a de Muutech.
 

Programa:

  • MINERVA: Plataforma de monitorización baseada en Zabbix e Grafana
  • A túa planta nunha ollada!
  • Esquécete de perder tempo xerando reportes e toma decisións en tempo real
  • Un caso real: Kiwi Atlántico

Interveñen

Imparte:

Muutech Monitoring Solutions S.L.

Muutech é unha empresa que brinda solucións de supervisión avanzada enfocada, ademais da contornas de sistemas de información, a contornas industriais e de produción. Teñen unha plataforma de supervisión baseada en estándares de software libre, así como desenvolvementos propios, cuxa misión é a recollida e a visualización de datos de forma sinxela provenientes de diversas fontes: máquinas industriais, autómatas, sensores, ERP, bases de datos, servidores, equipos de rede etc.

Colabora:

Agasol 

Agasol (Asociacion  de empresas galegas de software libre)

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.

Levamos en Galicia desde o ano 2007 e actualmente traballamos con empresas e gobernos de distintas partes de España, como Madrid,  Andalucia, País Vasco, etc é en 20 países do mundo, como Corea do Sur, Xapón, USA, Finlandia,, etc e en 4 continentes

Caso éxito Muutech

Cando?

07 de Xullo de 2021
De 10:00h a 10:45h

Onde?

Só por streaming

Quen participa?

Muutech Monitoring Solutions S.L.

Para quen?

Responsables de produción, mellora continua, informática, xerencia e, en xeral, todo o persoal directivo que queira mellorar os seus negocios baseándose en datos reais, de forma rápida e sinxela