Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visión artificial: Aplicacións prácticas | Gaiástech

Visión artificial: Aplicacións prácticas

Streaming
Imparte: ITG

Inscrición

Desde un punto de vista principalmente práctico e empresarial, o obxectivo da sesión é dar a coñecer en que consiste a visión artificial (VAI) ou procesado de imaxe; ofrecendo unha visión actual das principais tecnoloxías utilizadas. Unha vez introducido este campo dentro da Intelixencia Artificial, veremos como estas tecnoloxías son aplicables a distintos sectores (industrial, territorio, xestión de auga, saúde,…) e apoian a dixitalización e a transformación dixital das empresas en calquera ámbito, mellorando a súa produtividade e competitividade.

Seguindo esta liña, mostraranse algunhas aplicacións e solucións xa implantadas desenvolvidas polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, algunhas desenvolvidas en marco do proxecto CEL.IA.
 

Programa:

  • Introdución á visión artificial
  • Actualidade
  • Casos de aplicación a distintos dominios
    • Industria
    • Territorio
    • Xestión da auga
  • VAI no proxecto CEL.IA
     

Imparte:

ITG

é un centro tecnolóxico privado que, desde 1991, impulsa a competitividade empresarial mediante tecnoloxía, innovación e I+D. Conta con capacidades avanzadas en intelixencia artificial, enerxía, mobilidade non tripulada e computación cuántica. Neste ámbito, é Centro de Excelencia Cervera desde 2023 e participa en dous proxectos estratéxicos: ARQA, orientado a aplicacións de computación cuántica para a empresa, e ARQADE, centrado en computación cuántica accesible e dual para Defensa e sectores estratéxicos.
 

vision artificial

Cando?

06 Xuñ 2023
10:00 - 11:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • ITG

Para quen?

Esta sesión está deseñada para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecemento na visión artificial ou procesado de imaxe ou de maneira xeral na intelixencia artificial (IA). Así, para asistir á xornada, non se require experiencia previa en visión artificial, é válida para calquera persoa interesada na temática, aínda que é especialmente interesante para o sector empresarial dado que se mostrarán exemplos de como estas tecnoloxías poden dar solución ás necesidades de automatización, control de calidade ou dixitalización.