WINES.GAL: un escaparate internacional para as adegas galegas | Gaiástech

WINES.GAL: un escaparate internacional para as adegas galegas

Centro GaiásTech e streaming
Imparte: Atlantic

O obxectivo da sesión é dar a coñecer entre as adegas galegas a existencia, o funcionamento e a utilidade do MarketPlace WINES.GAL, de xeito que estas entendan que inscribirse no MarketPlace é unha forma doada de chegar ao consumidor final internacional dun xeito directo e sen intermediarios, e que estar no MarketPlace é complementario e compatible con ter unha páxina web e/ou tenda online propias, así como calquera outra forma de promoción a nivel internacional.
 

Programa:

  • Presentación e misión de Atlantic: o reto de dixitalizar os sectores máis tradicionáis da economía galega.
  • Presentación do MarketPlace de viños galegos WINES.GAL, a súa misión e obxetivos.
  • Operatividade do MarketPlace de cara o cliente.
  • Funcionalidades e utilidades do MarketPlace para as adegas inscritas.
  • Explicación do proceso de alta para adegas en WINES.GAL.
  • Procesos e operativa Internacional WINES.GAL
  • Relanzamento internacional do MarketPlace nos vindeiros meses grazas ao programa Galicia Exporta Dixital do IGAPE.
     

Interveñen

Imparte:

Atlantic

Empresa de solucións e servizos dixitais para PEMES situada en Vilagarcía de Arousa que está especializada no ámbito do comercio electrónico. Dispón de solucións propias para o sector vinícola e para o comercio de proximidade, pero tamén executa proxectos a medida para terceiros. 
A pesar de ser unha empresa de recente creación, o seu equipo está formado por profesionais con dilatada experiencia no sector TIC.
Os contidos da presentación serán expostos por varios dos profesionais da empresa en función do seu rol na mesma.
 

Máis Información

Intervirán:

•     Sergio Cores Acha  (Socio – Director)

•     Iago Moreira Rubio (Responsable Comercial)

•     Mª Esperanza Fernández Rey (Responsable Administración e Marketing)

•     Damián Aragunde Pérez (Enxeñeiro Software)

•     Isabel Cuyar Domínguez (Xestora Internacionalización)

 

wines

Cando?

22 de Outubro de 2021
De 10:00h a 11:00h

Onde?

Centro GaiásTech e streaming

Quen participa?

Atlantic

Para quen?

Propietarios de pequenas ou medianas adegas pertencentes a algunha D.O de viño de Galicia. Responsables de Marketing e/ou Responsables de Internacionalización de adegas de maior tamaño. Público en xeral interesado pola introducción das tecnoloxías da información nos sectores tradicionais da economía galega.