Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xestión administrativa 4.0: como usar sinatura dixital e factura electrónica para mellorar os procesos administrativos. Docuten | Gaiástech

Xestión administrativa 4.0: como usar sinatura dixital e factura electrónica para mellorar os procesos administrativos. Docuten

Exclusivamente por streaming
Imparte: Docuten

A situación complexa que nos tocou vivir ao longo de 2020, promoveu a aceleración da dixitalización empresarial. Un proceso que podería tardar anos en perpetuarse, chegou de forma inesperada e para quedarse. Por este motivo, as compañías deben adaptarse a esta nova situación para gañar en competitividade e eficiencia. É agora ou nunca. Adaptarse ou morrer. Por que non comezar polos procesos máis recorrentes e dos que máis desperdicios xeran? Párate a pensar canto tempo e cartos deixa un traballador cada vez que debe enviar a firmar ou firmar un documento ou cada vez que se recibe unha factura e debe picala a man no sistema de facturación. Traemos a solución. Todo baixo un mesmo provedor.

Programa:

  • Introdución
  • Problema – Solución | Dixitaliza os procesos administrativos
  • ¿Cales e como?
    • Sinatura Dixital e envíos certificados
      • Breves pinceladas da lexislación vixente. É legal a sinatura dixital? Hai unha alternativa electrónica legal ao burofax e correos certificados?
      • Tipos de sinatura dixital
    • Casos de éxito de compañías relevantes | Como empregan a firma dixital? Que tipos de firma dixital empregan?
    • Factura electrónica
      • Lexislación vixente sobre facturación electrónica
      • Emisión de facturación electrónica
        • Canles, formatos e casos de éxito.
      • Recepción de factura electrónica
        • É posible recibir todas as facturas no meu sistema de contabilidade sen ter que picalas a man?
        • Indexación e compliance, mellora de eficiencia, fluxos de aprobación
        • Ferramentas para a recepción de facturas electrónicas.
        • Casos de éxito
  • Todos os beneficios de dixitalizar a parte administrativa da túa compañía

Interveñen

Imparte:

Docuten

Docuten é unha empresa tecnolóxica galega, con sedes na Coruña e Madrid, que conta cunha plataforma que ten como obxetivo principal converter ós seus clientes en empresas “sen papel” coa transformación dixital dos seus procesos administrativos a través da firma dixital e a emisión e recepción de facturas electrónicas.

Conta con clientes de referencia como Zendal, Estrella Galicia, HolaLuz, Abanca, Grupo Planeta, Kimak, Levi´s, Bimba y Lola, Grupo Acebrón, Unidad Editorial, CLUN e outros.

Colabora:

Colaborador

Organiza:

Amtega e Docuten

Impartido por

elisa martin
Elisa Martín Garijo

Certificada como Arquitecto Sénior de Sistemas de Información, ten a posición de Enxeñeiro Distinguido e é membro do equipo de liderado da Academia de Tecnoloxía de IBM.

Actualmente é Directora do entorno de Saúde do Instituto de Enxeñaría do Coñecemento (IIC).

Emanuele Ricciotti
Emanuele Ricciotti

Fundador de Tickephant, Emanuele é experto en optimización de motores de búsqueda (SEO), investigación de mercado e administración de empresas. A súa visión global sobre márketing dixital, especialmente no eido do e- commerce, levoulle a fundar a empresa Clickage en 2016, e tres anos máis tarde, a startup Tickephant. Ademáis da súa labor empresarial é profesor no máster de Marketing Dixital da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Xestión dixital

Cando?

22 Abr 2021
De 10:00 a 10:45h

Onde?

Exclusivamente por streaming

Quen participa?

  • Docuten
  • Elisa Martín Garijo
  • Emanuele Ricciotti

Para quen?

Xerentes, directivos, xefes de innovacións (CIOS) e técnicos, directores de RRHH, así como responsables de administración e financeiros de PEMES e grandes empresas.