Xestión integral dunha peme con Software Libre: Odoo ERP
Porque o entorno OdooERP permite a xestión integrada e completa en pequenas empresas da xestión da parte comercial e administrativa (Ventas, Facturación, Contabilidade) e da xestion loxística (Almacéns, Compras), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación as necesidades propios de cada empresa).
Programa:
- Puntos nos que se dividirá a sesión (non esquecer quenda de preguntas)
- Presentación práctica dos módulos de Odoo ERP para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha peme.
- Explicación do funcionamento básico de módulos de Odoo: CRM, Ventas, Almacén, Compras, Facturación
- Quenda de preguntas
Interveñen
Imparte:

Anubía
Anubía é unha compañía que promove a dixitalización das empresas a través de Odoo. Conta con máis de 10 anos de experiencia en Odoo e máis de 75 proxectos de implantación de Odoo en toda clase de sectores: alimentación, fabricación/produción, distribución, enxeñería, automoción, educación...
Organiza:
AGASOL é unha iniciativa de empresas galegas de Software Libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.
Levamos en galicia desde o ano 2007 e actualmente traballamos con empresas e Gobernos de distintas partes de España, como Madrid, Andalucia, País Vasco, etc e en 20 países do mundo, como Corea do Sur, Xapón, USA, Finlandia, etc. e en 4 continentes.
Impartido por

Wilfredo Santana Alonso
Enxeñeiro Industrial e Máster en Xestión da cadea de subministro e Loxística, Socio-administrador de Anubía Soluciones en la Nube, S.L.

Cando?
Onde?
Quen participa?
Anubía Wilfredo Santana AlonsoPara quen?
Microempresas e pemes de compra-venta en xeral (tanto por xunto, como polo miúdo), interesadas en mellorar o tratamento dos datos xerados ó longo da súa actividade loxística-empresarial, co fin de mellorar a sua xestion diaria e permitir unha mellor toma de decisións.