Xestión IT de código aberto con GLPI. Casos de éxito
O obxectivo da sesión é amosar as posibilidades de ter unha ferramenta unificada de xestión de código aberto como GLPI e casos de éxito nos que dúas empresas nos contarán a súa experiencia.
Programa:
- Que é TICgal
- Que é GLPI
- Que fai GLPI
- Xestión de peticións con GLPI
- Caso de éxito 1. Deputació de Lleida
- Xestión de inventario informático con GLPI
- Caso de éxito 2. Culmia
- Novas integracións
- Quenda de preguntas
Interveñen
Imparte:

TICGAL
Empresa especializada en implantación, soporte e desenvolvemento para GLPI, ferramenta ITSM de código aberto. Primeiro partner de Teclib’ para GLPI en español no mundo.
Organiza:
Agasol (Asociacion de empresas galegas de software libre)
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.
Levamos en Galicia desde o ano 2007 e actualmente traballamos con empresas e gobernos de distintas partes de España, como Madrid, Andalucia, País Vasco, etc é en 20 países do mundo, como Corea do Sur, Xapón, USA, Finlandia,, etc e en 4 continentes
Impartido por

Óscar Beiro
Fundador de TICgal con 12 anos de experiencia administrando instalacións GLPI

Cando?
27 Out 2021Onde?
Quen participa?
- TICGAL
- Óscar Beiro
Para quen?
Responsables IT, Técnicos e Xerentes de empresas con máis de 50 traballadores.