Xornada "Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro"
A xornada é organizada polo Nodo CIBER.gal no marco do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, e colaboran de xeito activo na súa coorganización a propia Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
Os obxectivos da mesma son, por unha banda, dar a coñecer as iniciativas públicas galegas que apostan pola potenciación e mellora da ciberseguridade na nosa comunidade. E pola outra, achegar aos asistentes o forte atractivo deste sector para fomentar a creación de talento especializado, trasladarlle as oportunidades reais que supón especializarse neste eido e que poidan coñecer de primeira man o día a día dun profesional adicado á materia.
Programa:
10:00h - Benvida Institucional
10:20h - Evolución e futuro do Nodo CIBER.gal
- Adrián Lence, Director da Área de Infraestructuras e Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
10:45h - Relatorio maxistral: Retos novos, retos vellos?
- Román Ramírez, hacker e fundador de RootedCON
11:20h - Café
11:45h - Mesa redonda: Actualidade e futuro da profesión do CISO
- Modera: Fernando Suárez, Presidente de Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
- Román Ramírez, Hacker e fundador de RootedCON
- David González, CISO de COREN
- Jesús Feliz, Xerente de Sectores Estratéxicos no Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)
12:15h - Obradoiros prácticos simultáneos (1,5h de duración)
- Securización de datos de telemetría para domótica utilizando ESP8266
- Miguel Díaz-Cacho Medina, Docente na Escola Superior de Enxeñeria Informática no Campus de Ourense
- Smashing de Stack 25 anos despois
- José Ramón Méndez Reboredo, Docente na Escola Superior de Enxeñeria Informática no Campus de Ourense
- Extracción de credenciais en sistemas windows, con Forensics
- Efrén Varón, Consultor en DLTCode & Correcta.
- Análise dun servidor de correo electrónico e rastrexo de malware
- Roberto Valente, Equipo @ Guardia Civil
13:45h - Fin da xornada
Interveñen
Organiza:
Máis Información

Cando?
13 Xuñ 2023Onde?