Xornada Federación de Librarías de Galicia 2026
A xornada nace coa finalidade de ofrecer ás librarías galegas un espazo de formación, intercambio de experiencias e reflexión sobre os retos actuais do sector.
A través da presentación de boas prácticas, ferramentas para a mellora da xestión e o traballo colaborativo, búscase facilitar a identificación de necesidades e compartir coñecementos e iniciativas que poidan contribuír ao fortalecemento das librarías.A actividade pretende, así mesmo, favorecer a colaboración e o intercambio entre profesionais do sector, xerando un espazo de encontro no que abordar de maneira conxunta problemáticas actuais e posibles liñas de actuación.
Programa:
10:00 – 10:30 | Recepción de asistentes
10:30 – 12:00 | Boas prácticas no sector libreiro
- Xavi Vidal – Libraría Nollegiu (Barcelona)
12.00-12.30 Café
- Encontro con Xavi Vidal para compartir a experiencia da Libraría Nollegiu e reflexionar sobre boas prácticas no sector libreiro, abordando exemplos reais, retos do día a día e iniciativas que poden contribuír a fortalecer as librarías.
12:30 – 14:00 | CEGAL 360º
- Presentación de CEGAL 360º e das ferramentas e servizos que ofrece ás librarías para facilitar a súa xestión, mellorar a súa visibilidade e reforzar a súa presenza no sector.
14:00-16-00 Comida
16:00 – 18:00 | Grupos de traballo
- Traballo en grupos para identificar, compartir e analizar as principais problemáticas e necesidades actuais das librarías.
- Posta en común e conclusións
- Recollida das cuestións abordadas nos grupos, propostas e posibles liñas de actuación para dar resposta ás necesidades detectadas.
Imparte:
Federación de Librarías de Galicia
É unha institución constituída sen fins de lucro, integrada por librarías con establecemento aberto na Comunidade Autónoma de Galicia, que ven desenvolvendo a súa actividade, sen interrupción dende o 29 de outubro de 1977, destaca por defender e promocionar os intereses do sector do libro. Actualmente está formada por 149 librarías.
Cando?
13 Out 2026Onde?
Quen participa?
- Federación de Librarías de Galicia
Para quen?
Librarías