Xornada Hacking Nivel Mega: evento lúdico-formativo sobre ciberseguridade
A Cátedra R, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a plataforma Armis, a fundación Gradiant e empresas do sector tecnolóxico –InprOTech, Cloud.gal, Forensic & Security e Qualinnova– organizarán o vindeiro venres 10 de febreiro, a xornada “Hacking Nivel Mega”, un evento lúdico- formativo sobre ciberseguridade no Museo Mega de Estrela Galicia da Coruña.
O obxectivo é apoiar á comunidade ciber galega nun evento distendido que sirva de encontro e networking entre profesionais, ademáis de ser unha contorna onde os estudantes de FP e universitarios poidan achegarse ao mundo da ciberseguridade, aprendan e compartan para seguir crecendo nesta área.
Programa:
Realizaranse as seguintes actividades:
- Visita ao museo Mega de Estrela de Galicia
- Experiencia dunha cata de cervexa
- Servizo de maridaxe de queixos
- Conferencias:
- Juan González, de Gradiant: Criptografía (e tamén matemáticas...) maridadas con cervexa, que pode saír mal?”
- Joel Senra: “RFID en controis de acceso e sistemas de autoservizo”
Para inscribirse: aquí
Interveñen
Organiza:
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Cátedra R, a plataforma Armis, a fundación Gradiant, InprOTech, Cloud.gal, Forensic & Security e Qualinnova
Máis Información
Para inscribirse: aquí

Cando?
10 Feb 2023 - 02 Feb 2023Onde?