Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XV XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO SOBRE O PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA | Gaiástech

XV XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO SOBRE O PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

Inscrición

  • Dar a coñecer ós/ás profesionais relacionados/as co sector turístico os valores naturais e culturais do Parque Nacional, co obxecto de que estes/as difundan a información coa máxima precisión posible.
  • Proporcionar ós/ás traballadores/as do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan informar ós potenciais visitantes do Parque Nacional sobre aspectos como os servizos, a normativa ou a xestión, dun xeito claro e preciso.
  • Proporcionar ás persoas participantes unha canle de comunicación co Parque Nacional, de xeito que lles permita propoñer suxestións e actuacións de mellora no espazo, especialmente nos aspectos relacionados coa súa área de traballo.
     

Programa:

Contidos

  1. O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia na Rede de Parques Nacionais. Composición e normativa básica.
  2. Valores naturais e culturais do Parque Nacional.
  3. Uso Público no Parque Nacional.
  4. O turismo no Parque Nacional. Papel dos informadores turísticos na divulgación dos valores do espazo protexido. Recursos e materiais de apoio.
  5. Visita práctica ó arquipélago de Sálvora.

Programa

Fase en liña: 23 de maio de 2023

  • 09:00h-09:15h: Presentación da formación. (persoal técnico).
  • 09:15h-09:45h: Illas Atlánticas: Por que Parque Nacional? Composición, valores e normativa básica (Técnicos do Parque Nacional).
  • 09:45h-11:00h: Uso Público no Parque Nacional: A visita. Sistema de autorizacións de acceso. O papel dos informadores de turismo na conservación e xestión do Parque Nacional. (Guías intérpretes do Parque Nacional).
  • 11:00h-11:15 h: Explicación da proba-test.
  • 11:30h-13:30: Período para a realización da proba-test (tempo estimado 20 min.)

Fase presencial: 24 de maio de 2023*

  • 09:45h-10:00h: presentación no punto de encontro. O Grove
  • 10:00h-10:45h: Traslado a Sálvora
  • 11:00h-14:00h Realización dun itinerario: recoñecemento de recursos naturais, culturais e servizos de atención ao visitante (Guías intérpretes do Parque Nacional). Traballo práctico sobre os contidos tratados
  • 14:00h-15:00h: Descanso para xantar.
  • 15:00-16:00h: Posta en común dos traballos prácticos. Preguntas, suxestións, entrega de certificados e avaliación da xornada (Guías intérpretes do Parque Nacional).
  • 16:30h-17:15 h: Regreso a O Grove.

*No caso de que non se poida ir a Sálvora por condicións meteorolóxicas adversas, a totalidade da xornada farase no Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, cun horario de 9:30h a 15:00h.
 

Interveñen

Organiza:

illas_atlanticasdia europeo de los parques

Máis Información

  • Cubrir o formulario de inscripción dende a web do Parque Nacional: https://illasatlanticas.gal/gl/asiste-un-dos-nosos-curso
  • Data límite de inscrición: xoves 11 de maio de 2023
  • Teléfonos de información do Parque Nacional: 886 218090 (de 9 a 14h de luns a venres)/ 886218082 (de 16:30 a 19:30 de venres a sábado, agás festivos)
  • A listaxe de participantes admitidos/as publicarase na páxina web do Parque Nacional:  https://illasatlanticas.gal/es/asiste-uno-de-nuestros-cursos o venres 12 de maio de 2023. As persoas admitidas que finalmente non poidan asistir deberán poñerse en contacto telefónico co Parque Nacional o antes posible a efectos de poder admitir a outros solicitantes que se atopen en lista de agarda. O feito de non comunicar con antelación (salvo causas debidamente xustificadas) a ausencia á xornada, será tido en conta para a participación en futuras edicións.

Para obter o certificado oficial de asistencia será obrigatorio ter asistido á totalidade da formación (fase en liña e presencial e ter superado o test de coñecementos básicos sobre o PN que se realizará trala fase en liña). A asistencia á fase en liña e a aprobación do test serán requisito imprescindible para a asistencia á fase presencial.

A asistencia á xornada é gratuíta, incluíndo o  transporte marítimo ás illas. O transporte ata o lugar de celebración da fase presencial e a comida correrá a conta de cada participante.
 

illas_atlanticas

Cando?

23 Mai 2023 - 24 Mai 2023
streaming e 24 de maio presencial (visita a Sálvora)

Para quen?

Esta xornada está dirixida a persoal técnico, informadores/as e guías turísticos en activo con interese en coñecer os valores do Parque Nacional, o seu funcionamento e aspectos relacionados coa xestión de visitantes neste espazo protexido.