Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ABANCA incorpora a actividade "Pon o teu diñeiro a salvo" dentro do seu programa de educación financeira 2022-2023 | Gaiástech

ABANCA incorpora a actividade "Pon o teu diñeiro a salvo" dentro do seu programa de educación financeira 2022-2023

Educación financiera
  • "Pon o teu diñeiro a salvo" nace co obxectivo de concienciar aos mozos en materia de ciberseguridade e favorecer a súa responsabilidade dixital e financeira. 
  • A primeira edición desta iniciativa, levarase a cabo de maneira presencial e gratuíta nos centros educativos de Galicia que se inscriban, e está dirixida a alumnado de 3º e 4º da ESO. 

 

ABANCA, a través da Afundación Obra Social ABANCA, mantén desde 2018 un acordo de colaboración con Funcas (Fundación dos Bancos e Caixas de CECA) co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois. Neste sentido, ABANCA conta cun convenio a través do cal se adhire ao "Programa Funcas de Estímulo da Educación Financeira"- "Programa Funcas Educa"- para o período 2022/2023.

O pasado mes de outubro, ABANCA, dentro do marco de colaboración co "Programa Funcas Educa" 2022-2023, iniciou as actividades do programa de educación financeira que desenvolverá ao longo deste curso, con iniciativas presenciais e en formato dixital. O ano pasado, con estas actividades, alcanzouse unha cifra récord de 130.000 beneficiarios e o programa foi recoñecido co premio "Finanzas para todos" polo proxecto Segura-Mente ABANCA. 

Este ano, o programa de educación financeira incorpora unha nova actividade relacionada coa ciberseguridade: "Pon o teu diñeiro a salvo". Esta primeira edición desenvolverase  de maneira pesencial e gratuíta a través de talleres impartidos nos centros educativos de Galicia que se inscriban, e está dirixida a alumnado de 3º e 4º da ESO.

A educación é o primeiro paso para facer fronte aos riscos existentes hoxe en día en materia de ciberseguridade, polo que este proxecto educativo centrarase en concienciar aos estudantes sobre as ameazas e os comportamentos que poden provocar fraude nunha contorna dixital, así como en axudarlles a desenvolver novas competencias para favorecer a súa responsabilidade dixital e financeira. A idea é que, mentres a mocidade usa internet de maneira controlada e consciente, póidase promover unha actitude de alerta ante mensaxes, páxinas web ou ofertas enganosas. 

A incripción para esta primeira edición está aberta desde o pasado mes de outubro. Para máis información e solicitude de inscrición, contactar a través de: educacionfinanciera@afundacion.org.

Para acceder á información completa acerca das actividades escolares de Afundación Obra Social ABANCA deste curso, pódese consultar a seguinte ligazón: aquí.