Aberta a inscripción para a I Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade na Academia Galega de Seguridade Pública

- O vindeiro 28 de marzo de 2023 celebrarase a I Xornada DFIR (Digital Forense & Incident Response) Galicia de cibercriminalidade na sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
- O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 27 de marzo ás 14.00 horas.
A día de hoxe as novas tecnoloxías atópanse presentes en todas as facetas da vida e forman parte en todas as fases do proceso penal. As ameazas cibernéticas están a volverse tamén máis sofisticadas e xeneralizadas, polo que é esencial entender ao adversario e a evolución das súas tácticas.
É por iso que esta mañá, o Diario Oficial de Galicia, dentro das actividades programadas para o ano 2023 da Academia Galega de Seguridade Pública, anunciou a convocatoria da I Xornada DFIR (Digital Forense & Incident Response) co obxectivo de formar na análise forense e resposta ante incidentes aos profesionais das distintas fases do proceso penal para que poidan evolucionar e mellorar as súas competencias dixitais no ámbito da ciberseguridade.
Datos da actividade:
- Denominación: I Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade.
- Tipo: xornada.
- Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
- Data: 28 de marzo de 2023.
- Horario: das 9.30 ás 19.30 horas.
- Modalidade: presencial.
Desenvolvemento:
- Destinatarios/as: persoal das Forzas e Corpos de Seguridade, Xudicatura, Ministerio Fiscal e profesionais dedicados á resposta ante incidentes, investigación e/ou análise forense de equipamentos informáticos e demais persoal interesado.
- Prazas ofertadas: sen límite.
- Contidos: tocaranse cuestións como a proba electrónica na fase de instrución, a importancia da cooperación internacional e en que momento nos atopamos, e as adaptacións das diferentes lexislacións nos países que nos rodean que nos afectan directamente. Ademáis, abordarase a xestión de incidentes e as súas consecuencias, así como as últimas tendencias facendo fincapé no problema do ransonware e dos dispositivos IoT que empezan a formar parte do día a día de todos/as nós.
-
A instrución e a evidencia dixital.
-
Cooperación internacional.
-
Problemática recompilación evidencias e as súas implicacións con actores internacionais.
-
Hurting them: understanding and maneuvering against the Adversary (comprender e loitar contra o/a adversario/a).
-
Secuestro de datos e dispositivos.
-
Inscricións:
- O persoal que desexe participar no curso deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp: aquí
- O prazo para presentar solicitude de inscrición rematará o día 27 de marzo de 2023 ás 14:00horas.
- Está a disposición dos interesados o correo formacion.agasp@xunta.es e o teléfono 886206110 para solventar dúbidas e consultas relacionadas.