Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Aberto o prazo de inscrición da 2ª edición do Título de Especialista en Ciberseguridade Industrial | Gaiástech

Aberto o prazo de inscrición da 2ª edición do Título de Especialista en Ciberseguridade Industrial

Especialista Ciberseg Industrial
  • O título propio da Universidade de Vigo, Especialista en Ciberseguridade Industrial, abre o prazo de preinscrición ata o vindeiro 10 de setembro
  • A formación, en modalidade virtual, impartirase os venres pola tarde e sábados pola mañá dende outubro ata xuño de 2023.
  • Este título pretende ser unha amplia introdución sobre o estado actual das técnicas de ciberseguridade aplicadas nas plantas industriais (OT).
  • Proporcionará ao profesional deste sector coñecementos prácticos actualizados e eficaces sobre algunhas das solucións mais modernas do mercardo da ciberseguridade no ámbito de control, operación e comunicación de procesos industriais. 

UVigo

De igual xeito que outros sectores, a transformación dixital do sector industrial cara unha Industria 4.0 supón numerosas vantaxes, pero tamén implica a aparición de novos riscos que requiren de profesionais especializados que acheguen a protección adecuada ás compañías e aos procesos produtivos. De feito, o informe Galicia 2030: Proposta de novas titulacións para o SUG sinala o eido da ciberseguridade na contorna industrial como un dos nichos laborais de futuro que requiren dunha formación específica que ata agora non existe na comunidade autónoma. 

A Universidade de Vigo apostou pola formación específica en ciberseguridade neste campo, poñendo en marcha por primeira vez o pasado 13 de xaneiro o Título Propio de Especialista en Ciberseguridade Industrial

Tralo éxito da súa primeira edición, en colaboración coa Escola Aberta de Formación Permanente, lanza unha segunda edición deste título para a cal xa está aberto o prazo de inscrición ata o próximo 10 de setembro. 

A formación pretende ser unha ampla introducción sobre o estado actual das técnicas de ciberseguridade aplicadas nas plantas industriais (OT). 

O obxectivo final do título é proporcionar ao profesional deste sector coñecementos prácticos actualizados e eficaces sobre as solucións máis modernas do mercado da ciberseguridade no ámbito de control, operación e comunicación de procesos industriais. 

O título está orientado a persoas tituladas universitarias de primeiro e segundo ciclo cuxa dedicación profesional vaia encamiñada á implantación, mantemento e xestión de sistemas automatizados no ámbito industrial. 

A segunda edición, que está dispoñible para un máximo de 30 persoas,  dará inicio en outubro de 2022, en modalidade virtual síncrona, ata xuño de 2023, os venres pola tarde e sábados pola mañá. 

Para máis información, pode consultarse o pdf adxunto nesta nova ou ben dirixirse á páxina oficial da formación: Especialista en ciberseguridade Industrial