ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ANÁLISE FORENSE EN REDES E RESPOSTA ANTE INCIDENTES | Gaiástech

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ANÁLISE FORENSE EN REDES E RESPOSTA ANTE INCIDENTES

curso forense
  • Curso de 20 horas lectivas, distribuídas en catro sesións formativas os días 9, 10, 16 e 17 de setembro. 
  • Organizado por Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
  • Impartido por Securízame, empresa con ampla experiencia no sector e que conta con perfís expertos e familiarizados con outras edicións.
  • O custo do curso é de 200 euros e poderá participar calquera perfil profesional interesado no tema.
     

Desde o 26 de agosto está aberto o prazo de inscrición para o curso “ANÁLISE FORENSE EN REDES E RESPOSTA ANTE INCIDENTES”. O curso dará comezo o 9 de setembro e está organizado por Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) co apoio de Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O curso enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030 e está dividido en catro sesións de 5 horas programadas para os días 9, 10, 16 e 17 de setembro. O horario será os venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 09:00 a 14:00.

O custo do curso é de 200 euros, con todo, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) ofrece aos seus colexiados, ao persoal de Amtega e aos colexiados do CPEIG a posibilidade de asistir de maneira gratuíta, introducindo un código que será facilitado polas canles do propio colexio.

O curso é válido para o acceso ao Corpo Oficial de Peritos do CPETIG.

Perfil

O curso é aberto a todos os perfís relacionados coa informática e enxeñería técnica ou sector TIC, cargos de responsabilidade de seguridade, auditores, consultoras, e calquera profesional interesado na materia.

Contidos

O ano pasado xa foi un éxito e este ano, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) volve poñer o foco nunha temática de actualidade. O contido está centrado en dar a coñecer ferramentas para detectar, adquirir e preservar evidencias dixitais e ensinar os conceptos nos cales se basea a análise forense dixital na redes.

Ademais, incidirase nos diferentes tipos de ciberincidentes e como proceder cando se detectan en cada caso baseado nas súas distintas características, sempre desde a visión dun experto na materia.

As 20 horas lectivas do curso repártense nas seguintes áreas formativas: análise forense de rede; fontes de evidencia; metodoloxía ÓSCAR; topoloxías típicas de rede; conceptos de switching e routing; ataques de rede; despregamento de infraestrutura necesaria; ferramentas de captura de rede: Suite Wireshark; TCPFlows: ntop-ng e argus; despregamento de infraestrutura de IDS: snort, suricata, bro e Wazuh; ferramentas de monitorización de tráfico; Security Onion; intercepción, captura e análise de protocolos; exfiltración de información; fontes de evidencia: firewalls, proxies, WAFs e casos prácticos.

Formación a cargo de Securízame

O curso será impartido por un perfil experto, o de Lorenzo Martínez, CTO en Securízame. Lorenzo conta con experiencia en edicións anteriores e é titulado en Enxeñería Superior en Informática pola Universidade de Deusto. Ademais conta con formación especializada e experiencia profesional no mundo da seguridade informática

Pola súa banda, Securízame é unha compañía especializada en proxectos de ciberseguridade. Asesora, forma, audita e integra solucións propias e de terceiros para mellorar a seguridade dos sistemas, redes e comunicacións de empresas e da Administración Pública.

INSCRICIÓNS
Para inscribirse no curso formativo será imprescindible rexistrarse no seguinte ligazón.