Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ábrese o prazo de presentación ao Premio ao Mellor Traballo Universitario Libre 2024! | Gaiástech

Ábrese o prazo de presentación ao Premio ao Mellor Traballo Universitario Libre 2024!

cixug
  • Ábrese o prazo de presentación de candidaturas ata o día 6 de setembro
  • O acto de resolución do premio será o próximo 20 de setembro
  • Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Gallego que teña defendido o seu Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Master nalgunha das convocatorias do ano académico 2023-2024

O Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a XVII edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co objectivo de fomentar e allegar as universitarias e universitarios galegos ao software libre e as posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.

Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio dentro da páxina web do CIXUG. Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG, ou na Oficina de Coordinación de Software Libre de Amtega.

Requisitos e prazos

As e os estudantes interesados en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son: ser realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación e ter publicado o software desenvolto durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open source Iniciative. Así mesmo, tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.

Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes do día 6 de setembro:

Encher o formulario de inscrición.
Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. Pode empregarse este guion para a súa realización, e entregarse no propio formulario de inscrición, ou por correo electrónico antes do peche do peche de inscrición.
Finalistas e acto de resolución

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado seleccionará aos finalistas que deberán acudir ao acto de resolución do premio, que se celebrará o día 20 de setembro. Os finalistas deberán realizar unha breve presentación do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial hincapie nos aspectos do seu proxecto relacionados con Software Libre, dos logros alcanzados, das perspectivas de futuro…

Este premio ten por objectivo non só recompensar a un proxecto tecnicamente bo, se non a un bo proxecto de software libre. Os criterios de valoración que terá en conta o xurado á hora de tomar a súa decisión son os seguintes aspectos:

  • Nivel de actividade de obra pública: Valorarase a publicación continua do traballo, xa sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, repositorios públicos de código fonte ou calquera outro medio web, como blogs persoais; colaboración con outros proxectos de software libre, construción de comunidades etc.
  • Uso adecuado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e a súa posterior aplicación ao código do proxecto.
  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.

O Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre contará cunha dotación económica inicial de 1.500€ grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) no marco do convenio de colaboración asinado con Amtega para o fomento e difusión do software libre.

Ademais, está previsto que se poida ampliar esta dotación económica ata un máximo de 750€ máis en colaboración con outros axentes do ecosistema do software libre no ámbito universitario.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre de Amtega dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.

Fuente: Cixug