A Asociación Grupo de Maiores de Telefónica de Galicia celebrou no GaiásTech o 99º aniversario da compañía. | Gaiástech

A Asociación Grupo de Maiores de Telefónica de Galicia celebrou no GaiásTech o 99º aniversario da compañía.

aniversario telefonica
  • O luns 24 de abril a Asociación Grupo de Maiores de Telefónica organizaba un acto no Centro GaiásTech para celebrar o 99º aniversario de Telefónica.
  • Ao acto asistiron máis de 60 persoas vinculadas á compañía e participaron 9 relatores e relatoras que traballaron en Telefónica, para facer un percorrido histórico sobre a evolución da compañía.

A Asociación Grupo de Maiores de Telefónica fundouse no ano 1.994 e está formada case por 20.000 persoas, cun amplo abanico de idades, principalmente xubilados e prexubilados, aínda que tamén teñen cabida as persoas en activo.

A Asociación acolleu o pasado luns 24 de abril a máis de 60 asistentes para conmemorar a celebración do 99º Aniversario de Telefónica. O acto tiña como obxectivo amosar ao público e por en valor os lazos e sentimentos de pertenza que está nos xenes da Asociación.

O acto foi inaugurado por Rafael Moya, actual director de Operacións a nivel nacional en Telefonica España, que destacou a actividade que está levando a cabo a Asociación para por en valor o traballo de Telefónica, tanto entre as relacións entre as persoas xubildas como das que aínda están en activo.

Durante a celebración, que tivo unha duración de dúas horas, fíxose un percorrido histórico dende os primeiros anos da fundación da compañía ata a actualidade. Os relatores e relatoras tiveron a oportunidade de explicar cómo funcionaban as telecomunicacións no seu día, a importancia do traballo femenino nestes sectores e como favoreceron coa súa loita a mellorar as súas condicións laboráis do presente. 

Neste acto tampouco faltaron as anécdotas por parte dos integrantes da mesa, que fixeron fincapé nos momentos máis punteiros da súa relación coa compañía, como o momento no que adquiriron o primeiro teléfono "móbil", anécdotas cos primeiros abonados da compañía, as primeiras firmas de contrato con administración pública en Galicia, etc.

Ademáis, nesta sesión habilitouse tamén un espazo demostrador no que se amosaron os primeiros termináis móbiles, os primeiros ordenadores, cartas de contratación con máis de 40 anos... Todo o que se amosou foi prestado polo Museo Didáctico de Telecomunicacións de A Coruña. 

1 2
3 4