Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

As aulas CeMIT acollen un ciclo de charlas sobre ciberseguridade | Gaiástech

As aulas CeMIT acollen un ciclo de charlas sobre ciberseguridade

ciber

As aulas da Rede CeMIT acollerán en setembro e outubro xornadas formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques. Trátase dun programa de charlas promovidas pola AMTEGA que, baixo o título Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques, están preferentemente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.

Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, realizaranse de xeito presencial durante os meses de setembro e outubro nas aulas de Abegondo, Leiro, Fisterra, Ponteareas, Cuntis, Oroso, Riotorto, Ribadeo e Brión e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Todas elas teñen unha hora e media de duración en horarios de mañá ou de tarde.

Durante as xornadas faise un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día. Desde a análise dun caso real, abórdanse os obxectivos que perseguen as noticias falsas, así como os mecanismos necesarios para detectalas. Repásanse tamén as principais estafas ás que nos vemos expostos no mundo en liña e danse a coñecer os mecanismos para previlas.

Inscricións en https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial?search=coronabulos

Fuente: Codigo Cero