Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove un ano máis as xornadas formativas de sensibilización en materia de Ciberseguridade en aulas da rede CeMIT | Gaiástech

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove un ano máis as xornadas formativas de sensibilización en materia de Ciberseguridade en aulas da rede CeMIT

Imaxe por defecto - Noticia
  • Baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” búscase sensibilizar á cidadanía, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre o uso seguro da tecnoloxía e ofrecer solucións fáciles para aplicar no seu día a día
  • O programa formativo terá lugar entres os meses de marzo e maio e a inscrición ás sesións pode realizarse desde o portal da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia no día de hoxe un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As sesións formativas estenderase ata o mes de maio baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” e desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 23 concellos de toda Galicia. 

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de CelanovaCastrelo de MiñoRibadeoPontevedraSanta CombaValgaVigoCuntisA FonsagradaPoioBriónA CoruñaRibeiraVimianzoCercedaBoiroQuirogaCampo LameiroO VicedoGuitirizFisterraOrtigueira e Leiro.

Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas. 

Fuente: Amtega