Candidatura de Galicia para acoller a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) | Gaiástech

Candidatura de Galicia para acoller a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA)

ia

Que é a AESIA?

  • A Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 prevé o impulso dunha lei para a creación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, que deberá ser aprobada este ano.
  • A Axencia terá como cometido desenvolver medidas para a redución dos riscos sobre a seguridade e a saúde das persoas, así como sobre os seu dereitos fundamentais, que poidan derivarse do uso das tecnoloxías intelixentes.
  • Ademais das medidas propias, a AESIA participará en accións froito da colaboración con outros administracións e co sector privado.
  • A Axencia é un dos organismos de nova creación que poden ser radicados nunha localización diferente á da capital do Estado, de acordo co Real Decreto 209/2022 de 22 de marzo.
  • Axencia estará adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, dentro do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Por que en Galicia?

  • Porque Galicia é unha das tres Comunidades Autónomas que dispoñen dunha estratexia de Intelixencia Artificial, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 (EGIA). A EGIA busca aliñar as necesidades económicas de Galicia coas capacidades de investigación e innovación, así como coas necesidades do sector público e privado, promovendo o uso da Intelixencia Artificial en sectores clave da economía galega. A EGIA constitúe a folla de ruta para o despregamento dunha unha intelixencia artificial de vangarda, ética, segura e centrada nas persoas, convertendo a Galicia nunha rexión intelixente.
  • Porque a nosa Comunidade é pioneira na posta en marcha medidas para o desenvolvemento dunha intelixencia artificial ao servizo do avance social e económico e da administración pública, baixo criterios éticos e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas:
    • Galicia é a primeira Comunidade en levar a cabo un estudo sobre marco ético e normativo propio para o desenvolvemento da IA, en colaboración coas tres universidades galegas: a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVIGO) e a Universidade da Coruña (UDC).
    • O nodo galicIA, de próxima creación, será o espazo de encontro e colaboración das administracións, do  eido do coñecemento e dos sectores económicos e traballará no establecemento das bases dunha intelixencia artificial ética e fiable para Galicia.
    • Galicia conta cun Marco Galego de Competencias Dixitais, situando a Galicia na vangarda da adaptación aos estándares europeos nesta materia.
    • Galicia conta cun ecosistema  GobTech, co obxectivo de aplicar solucións innovadoras empregando a IA para dar resposta aos retos da Administración Pública.
       
  • Porque Galicia conta cun ecosistema TIC  robusto, sendo unha das principais rexións con recoñecida traxectoria no ámbito nacional e internacional. As entidades tecnolóxicas públicas e privadas conforman un  hipersector TIC á cabeza da innovación:
    • Galicia conta cun crecente ecosistema de Intelixencia Artificial, con empresas especializadas no desenvolvemento de proxectos e prestación de servicios de IA.
    • Galicia conta cunha rede de nodos especializados -o nodo ciber.gal, o nodo 5G e o nodo galicIA-, estruturas de cooperación destinadas a conectar aos axentes públicos e privados.
    • Galicia conta con hubs de innovación dixital (DIHs), como DiHDATAlife e DIHGIGAL que serven como punto de encontro entre as grandes empresas e as pemes para a procura de solucións dixitais mediante a aplicación das tecnoloxías disruptivas.
    • Galicia conta cunha importante rede de Centros de Investigación Singular e Centros Tecnolóxicos que promocionan a xeración e transmisión de coñecemento científico e tecnolóxico ao tecido empresarial.
       
  • Porque Galicia cumpre coas condicións establecidas no Real Decreto para acoller entidades pertencentes ao sector público institucional.
    • Galicia ante un gran reto demográfico, necesidade de fixar poboación.
    • Dinamización do emprego, necesidades de creación de emprego.
    • Escasa presencia de sedes de organismos estatais no seu territorio.

INORME PARA A VALORACIÓN DA UBICACIÓN DA SEDE DA AESIA EN GALICIA

Formulario de apoio á candidatura de Galicia para albergar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
 

Fuente: Amtega