#CiberseguridadeTVG - Inés Amor
O día 17 de xaneiro a TVG entrevistou no programa "A Revista" a Inés Amor, voceira da Policía Nacional, para falar sobre os calotes nas rebaixas a través da rede. Por elo, Ines Amor expuxo unha serie de pautas e consellos para non ser vítima deste tipo de enganos.
As rebaixas disparan as estafas a través da rede, sobre todo con xente que compra en liña por primeira vez.
Inés Amor expuxo como os ciberdelincuentes aproveitan estas rebaixas para aumentar a súa actividade delituosa, empregando os nomes e datos de páxinas legais co fin de enganar aos usuarios.
Comentou que o máis común é a suplantación de páxinas de tendas ou negocios que pecharon, facéndose pasar por elas.
Para identificar este tipo de fraude, Inés aconsellou, entre outros:
- Dedicar uns minutos antes de facer unha compra
- Revisar opinións doutros usuarios
- Introducir o nome da páxina noutras webs que se dedican a calificar a veracidade das mesmas
- Non acceder nunca ás ligazóns recibidas por redes sociais ou outro tipo de empresas de mensaxería
- Desconfiar das páxinas multimarca ou tipo "oulet" con produtos a prezos especialmente baixos
Por último, tamén sinalou a necesidade e importancia de denunciar este tipo de páxinas e intento de delito, para que os órganos pertinentes coñezan a existencia das mesmas.
Para ver a entrevista completa, presionar aquí e visualizar no minuto 33:24.