#CiberseguridadeTVG - Inés Amor
No marco das accións da colaboración entre a CRTVG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, realízanse unha serie de entrevistas con expertos na materia sobre a temática de ciberseguridade en distintos programas da TVG. Nesta entrevista no programa "A Revista", Inés Amor, portavoz da Policía Nacional falou sobre as estafas telefónicas no pequeno comercio e as estafas coas axudas a Turquía e Siria.
Ultimamente o pequeno e mediano comercio está a ser vítima de múltiples estafas telefónicas.
No caso de Galicia este tipo de estafa afecta principalmente á hostalería, dándose tamén noutro tipo de establecementos.
Inés Amor explicou que estas estafas inícianse cunha chamada urxente onde o estafador, facéndose pasar por unha empresa de paquetería, indica que se vai a recibir unha mercadoría moi importante para a cal hai que realizar un pago previo. A través de técnicas de enxeñería social, o estafador trata de convencer ao encargado ou empregado da tenda de realizar o pago, chegándolle a pedir o seu teléfono particular co obxectivo de ter as dúas liñas ocupadas e impedindo así que se poida chamar á persoa ao mando do establecemento para comprobar a veracidade da información.
Para evitar este tipo de delitos, Inés Amor indicou unha serie de consellos:
- Comprobar sempre a información trasladada coa persoa ao mando do establecemento.
- As empresas de paquetería nunca esixen un pago inmediato.
- Tanto o número de teléfono polo que chaman como a conta bancaria, son números estranxeiros.
Por último, a portavoz da Policía Nacional advertiu das últimas estafas xurdidas tras a catástrofe en Siria e Turquía, onde os ciberdelincuentes fanse pasar por ONGs para recadar diñeiro supostamente destinado a estos dous países.
Neste sentido, Inés Amor sinalou a importancia de non acceder nunca a ligazóns enviadas dende fontes externas e sempre facelo a través de canles oficiais das ONGs ou empresas que colaboran.
Para ver a entrevista completa, presionar aquí e visualizar no minuto 15:09.