Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Consulta as sesións gravadas na hemeroteca de GaiásTech | Gaiástech

Consulta as sesións gravadas na hemeroteca de GaiásTech

hemeroteca gaiastech
  • A oferta de servizos dixitais do GaiásTech ofrece unha hemeroteca pública de vídeos, accesible sen rexistro, que inclúe todas as sesións emitidas por streaming.
  • O Centro GaiásTech pon á disposición da cidadanía un repositorio público coas gravacións das sesións que se emitiron en streaming.

  • É unha ferramenta pensada tanto para quenes non puideron asistir en directo como para aqueles que desexan repasar contidos máis relevantes

O Centro GaiásTech continúa a avanzar na súa aposta pola accesibilidade e a difusión do coñecemento tecnolóxico cun recurso pensado para achegar os contidos do centro a todas as persoas interesadas, independentemente da súa dispoñibilidade horaria. A través da súa hemeroteca dixital, dispoñible na web do Centro, é posible acceder ás gravacións integrais das sesións desenvolvidas no centro, tanto formacións como conferencias, encontros profesionais ou presentacións e demostracións.

Este espazo está pensado para quenes non puido asistir en directo a algunha actividade, ou para aquelas persoas que desexen volver sobre algún contido de interese. As sesións poden visualizarse directamente desde a páxina ou accedendo a canle oficial de emisión, o que facilita o aproveitamento das intervencións dun xeito flexible e adaptado ao ritmo de cada persoa usuaria.

A hemeroteca estrutúrase por datas e temáticas, o que permite unha navegación intuitiva polos diferentes eventos celebrados, desde iniciativas vencelladas á intelixencia artificial e a transformación dixital, ata presentacións de casos de éxito no ecosistema innovador galego.

Deste xeito, GaiásTech reforza o seu papel como punto de encontro e plataforma de difusión do coñecemento tecnolóxico en Galicia. Pódese acceder á hemeroteca a través da seguinte ligazón: https://gaiastech.xunta.gal/gl/activity-media