Curso de Experto en Tecnoloxías Cuánticas da Información. | Gaiástech

Curso de Experto en Tecnoloxías Cuánticas da Información.

cuántica

Trala primeira revolución cuántica, que levou ao desenvolvemento dos láseres e dos semicondutores, actualmente a ciencia está inmersa na segunda revolución cuántica que quere aproveitar todo o control acadado nas últimas décadas na manipulación de sistemas cuánticos individuais, para mellorar significativamente as tecnoloxías que empregamos para almacenar, procesar e transmitir información.

Entre as principais aplicacións que se albiscan, están os computadores cuánticos; que permitirán, entre outras cousas, resolver problemas matemáticos de forma exponencialmente máis rápida que os seus análogos clásicos, simular con precisión sistemas físicos complexos, ou deseñar eficientemente moléculas e fármacos; e as comunicacións cuánticas, que garantirán a seguridade das comunicacións independentemente da capacidade computacional dun posible atacante.

Este curso pretende introducir ao alumnado nestas novas tecnoloxías que serán imprescindibles nos próximos anos, e dar resposta á demanda empresarial que require de profesionais competentes en tecnoloxías cuánticas.

O principal obxectivo do título é ofrecer unha base sólida de coñecementos actualizados sobre as tecnoloxías cuánticas da información, facendo especial énfase na computación e nas comunicacións cuánticas. 

O curso é autocontenido e non asume ningún coñecemento previo de mecánica cuántica ou de teoría clásica da información. Os coñecementos teóricos impartidos se levarán á práctica a través da realización de exercicios e a realización dun traballo fin de curso.

Programa

Módulos teóricos

  • Fundamentos de Información Cuántica (6 ECTS)
  • Computación cuántica (6 ECTS)
  • Comunicación cuántica e critografía cuántica (6 ECTS)
  • Traballo final de curso (3 ECTS)

Módulos de titorías

  • Resolución de dúbidas e de consultas previa cita co profesorad

Datos básicos

  • Número de prazas: 25
  • Do 1 de febreiro de 2023 ao 4 de setembro de 2023
  • Número de créditos: 21 ECTS
  • Número de horas de docencia: 162,2 horas 
  • Linguaxe de impartición: castelán
  • Modalidade de ensino: mixta. As materias impartiránse presencialmente na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e tamén poderán ser seguidas de forma online a través do Campus Remoto e Moovi 
  • Horario: mércores e xoves, de 16:00 h a 20:00 h, e venres, de 16:00 h a 19:00 h
  • Coordinador académico: Marcos Curty
  • Contacto: 986 818615 | mcurty@com.uvigo.es

Persoas destinatarias

Orientado a titulados universitarios de primeiro e segundo ciclo nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría ou as matemáticas, e a profesionais do sector TIC que reúnan os requisitos de habilitación de acceso á Universidade

Fuente: UVigo