Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A décima edición de tecnólog@ por un día ofrece preto de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos | Gaiástech

A décima edición de tecnólog@ por un día ofrece preto de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos

tecnologo por undía
  • Esta iniciativa brinda a estudantes de secundaria e bacharelato a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dunha empresa tecnolóxica
  • Ata o 9 de abril os interesados en participar poden inscribirse a través dos seus centros educativos
  • Enmárcase nas actuacións do Plan DigiTalent 2030 para fomentar as vocacións dixitais entre os máis novos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de poñer a décima do Programa Tecnólog@ por un día, que ofrece aos estudantes de secundaria e bacharelato a oportunidade de formar parte dunha xornada laboral dunha empresa tecnolóxica.

Esta nova edición de programa conta con 48 prazas dispoñibles para visitar o Centro GaiásTech ou as instalacións das empresas TIC que colaboran coa iniciativa: Altia, Bahía Software, DXC Technology, NTT DATA, Quobis e Duacode.

Tecnlóg@ por un día é unha actividade lúdica e interactiva que permite a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos coñecer en primeira persoa o funcionamento dos centros de traballo das empresas tecnolóxicas galegas, achegarse a proxectos reais e tomar contacto coas novas profesións dixitais da man do persoal experto destas compañías.

Inscrición a través dos centros educativos

Os centros educativos, a través do seu persoal docente, serán os encargados de solicitar a inscrición dos mozos e mozas con interese en converterse en tecnólog@s por un día. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 9 de abril. 

O formulario de inscrición está dispoñible no espazo de Tecnólog@ por un día da web DigiTalent, no que se deberá achegar a autorización de participación asinada polos pais, nais ou titores/as responsables dos estudantes. Neste espazo, ademais, docentes, alumnado e profesionais das entidades colaboradoras poden atopar toda a documentación de referencia sobre esta actividade.

Sorteo para listaxe definitiva

Durante a terceira semana de abril celebrarase o sorteo público para a asignación das prazas e a listaxe de reservas e partir do 16 de abril docentes e empresas comezarán a recibir no seu enderezo electrónico as comunicacións co resultado do sorteo e os pasos a seguir para a participación na actividade.

Todos os detalles desta e outras actuacións dirixidas á infancia e adolescencia, así como as instrucións para participar atópanse en constante actualización na web DigiTalent.

Plan DigiTalent

Tecnólog@ por un día forma parte do catálogo de actividades do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, para o impulso  da inclusión, capacitación e talento dixital galego, que a través do seu terceiro eixe estratéxico, canaliza iniciativas dirixidas a fomentar as vocacións dende idades temperás e o talento dixital avanzado en Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar as vocacións STEAM, mellorar a súa perspectiva sobre os perfís dixitais e resolver as súas inquedanzas sobre as profesións científico-tecnolóxicas. 

Fuente: Amtega