Este martes no GaiásTech presentouse o proxecto de formación de FEGAUS ás persoas maiores e resto da sociedade en Galicia á Universidade do Envelhecer
O pasado martes 30 de setembro presentouse no Centro GaiásTech a Formación de FEGAUS ás persoas maiores e resto da sociedade en Galicia á Universidade do Envelhecer-UniSER/UnB.
Directamente dende Brasília asistiu Kerolyn Ramos García, Coordinadora Executiva da Universidade do Envelhecer UniSER/UnB, quen presentou o proxecto de investigación para a sua tese relacionado coa formación das persoas maiores nos PUM.
Dende FEGAUS, da man do seu Presidente Alejandro Otero, presentouse o proxecto A Nosa Bela Galicia, que pretende levar un abrazo de calor humana a todos os galegos do mundo, unidos polo amor a Galicia e un idioma común “O Gallego”. Tamén explicou á representante da Universidade do Envelhecer e resto de asistentes a importancia do proxecto FEGAUS en Galicia, tendo en conta o alto porcentaxe de persoas maiores que habitan e a necesidade de ter dito colectivo presente na inclusión das novas tecnoloxías.
En representación de FEGAUS tamén participaron Concepción Ruiz Jarillo, Presidenta da Asociación IV Ciclo de Lugo, vocal de FEGAUS; Pablo Capell Herrero, Director da Secretaría Técnica de FEGAUS e Rocío Martín, Responsable de planificación da Secretaria Técnica de FEGAUS, que participou cunha intervención en liña.
Por outra banda, Irene Bonome Gradaílle, Xefa do Departamento de Sociedade e Talento Dixital da Amtega, sinalaba que “as persoas maiores son un obxetivo clave, contan co maior interese en Galicia xa que representan máis do 25% da poboación" e que ademáis, “Galicia aposta por universalizar a dixitalización a estes colectivos"
No acto de presentación tamén estiveron presentes Don Antonio Acevedo Prado, director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria; Montserrat Rodríguez Varela, Directora técnica da Escola Galega de Consumo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que presentou o proxecto Consumo Senior, "un proxecto para informar e formar ás persoas maiores nun consumo Responsable, Eficiente e con Seguridade", apuntaba; Marina Troncoso Rodríguez, Presidenta de Aulas de Formación Aberta e presidenta de CAUMAS e María Luisa Mauriz Barreiro, Presidenta de ADAYEUS, Asociación de Alumnos Universitarios de A Coruña