Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Galardonado o Nodo CIBER.gal na categoría de "Colaboración de Empresas TIC coa AAPP" nos premios Socinfo Dixital-Galicia TIC | Gaiástech

Galardonado o Nodo CIBER.gal na categoría de "Colaboración de Empresas TIC coa AAPP" nos premios Socinfo Dixital-Galicia TIC

Premios CIBER
  • O proxecto do Nodo CIBER.gal resulta gañador dos premios Socinfo Dixital-Galicia TIC, na categoría Cooperación de empresas TIC coa AAPP outorgados pola Revista Sociedad de la Información Digital
  • Este ambicioso proxecto atópase baixo o paraugas da aposta da Xunta de Galicia pola ciberseguridade
  • A Amtega, como membro propulsor, dinamizador e un dos socios fundadores deste ambicioso proxecto, elaborou e presentou a candidatura gañadora, que competiu con outras iniciativas galegas tales como o Proxecto VOUcontigo, o Proxecto SMARTIAGO ou o Estudo sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia

O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal resulta galardonado nos premios Socinfo DIxital-Galicia TIC, na categoría de "Colaboración de Empresas TIC coa AAPP", outorgados pola Revista Sociedade da Información Dixital. 

Este premio recoñece "a labor esencial e ben feita por parte dos axente e profesionais do sector con un incentivo como é o outorgamento público de premios. O recoñecemento débese ao gran traballo, esforzo, dedicación e profesionalidade de todos os empregados públicos e privados, institucións públicas, asociacións do sector e profesionais que combatiron a pandemia con iniciativas, solucións, exemplaridade eficacia e traballo".

Presentábanse candidaturas  ata o 5 de abril, e no caso de CIBER.gal, na categoría de "Colaboración das Empresas TIC coa AAPP", competía con proxectos de interese como VOUcontigo e SMARTIAGO, entre outros. 

A candidatura galardonada pode consultarse aquí, e pon en valor a colaboración público-privada como piar fundamental na loita contra a ciberdelincuencia e o fortalecemento da ciberseguridade na comunidade galega. Manifesta a necesidade de contar cunha estrutura así en Galicia, pioneira, e co fin de beneficiar a toda a comunidade galega como propósito. 

O Nodo conta cunha carteira de servizos integral adaptada a cada público obxectivo ao que se dirixe, e é a vontade de cooperación e o compromiso de tódalas entidades adheridas ao seu ecosistema o sustento da súa actividade. 

O galardón recibido enténdese como colectivo, pois os seus membros fundadores (Amtega, INCIBE, CCN, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, Deputación de Ourense, Deputación de Pontevedra e Federación Galega de Municipios e Provincias) e entidades colaboradoras son partícipes do proxecto. 

Os premios serán entregados o vindeiro 20 de abril en Santiago de Compostela, no marco do encontro Prioridades TIC nas AAPP de Galicia ante os fondos Next Generation.