Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Galicia, Castela e León, Madrid e País Vasco son as comunidades cos portais institucionais máis accesibles | Gaiástech

Galicia, Castela e León, Madrid e País Vasco son as comunidades cos portais institucionais máis accesibles

Imaxe por defecto - Noticia
  • O Observatorio de Accesibilidade Web destaca no seu informe anual o traballo realizado por estas catro comunidades
  • O portal da Xunta ocupa o segundo posto a nivel estatal na categoría de portal principal e a sede electrónica sube ata é a sexta posición das 18 analizadas
  • Destacan tamén as webs de emprego e educación, que ocupan o primeiro e segundo posto nas súas respectivas categorías

O informe anual do Observatorio de Accesibilidade Web do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública  destaca os avances de Castela e León, Madrid, Galicia e País Vasco en materia de accesibilidade na súa rede de portais institucionais. A Xunta acada a máxima puntuación, das rexistradas ata agora, tanto na súa web principal, como na sede electrónica e nos portais de emprego e educación.

O portal Xunta.gal sitúase no segundo posto a nivel estatal e acada o máximo nivel de adecuación esixido pola normativa en materia de accesibilidade. O portal institucional da Xunta, que ronda os 25 millóns de visitas anuais, é a porta de entrada na Rede á Administración autonómica. A sede electrónica ascende á sexta posición entre as 18 sedes analizadas polo Observatorio e consegue tamén o máximo nivel de adecuación.  A sede, que entrou en funcionamento en 2015, pechou o ano 2023 con máis de 1,4 millón de trámites rexistrados.

O informe destaca ademais os portais de emprego e educación da Administración autonómica galega, que se sitúan no primeiro e segundo das súas respectivas categorías.

O Observatorio de Accesibilidade Web realiza o seguimento e evolución en materia de accesibilidade dos sitios web e aplicacións das administracións públicas. A entidade publica desde 2010 un informe anual que permite coñecer a situación e os avances neste ámbito a nivel estatal, autonómico, local e de outras entidades públicas.

 

Fuente: Amtega