Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

I Congreso internacional de Blockchain de Galicia | Gaiástech

I Congreso internacional de Blockchain de Galicia

Block Galicia

Entre os días 28 e 30 de setembro celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela o I Congreso Internacional Blockchain de Galicia (BlockGalicia 2023), un evento que busca introducir na tecnoloxía das cadeas de bloques e pór ao día das súas últimas novidades da man de referentes do sector.

Serán tres días de experiencias e relatorios centrados na tecnoloxía blockchain desde todas as súas perspectivas: legalidade, seguridade, gaming, divulgación, proxectos destacados, metaverso, NFT… na que os asistentes terán unha ampla visión das principais incógnitas e as últimas novidades do sector.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Chécnicos de Telecomunicacións (COETTGA), en colaboración coa Asociación Galega de Blockchain e IoT (AGALBIT) e a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Chécnicos de Telecomunicacións (AGGETT), organizan este evento tecnológico e multicultural no que se reúnen usuarios e empresas para recibir información sobre determinados produtos e avances tecnológicos.

Además de contar con innovacións tecnológicas, novos desenvolvementos e charlas de altísimo nivel académico, también teremos unha serie de talleres organizados por grandes expertos, destinados a usuarios noveis e especializados. Asistirán recoñecidos profesionais que rodean á industria do blockchain que participasén en mesas de debate abertas e tratasén temáticas tan importantes como o marco regulatorio, finanzas e desenvolvemento legal.

Durante dous deías Santiago de Compostela será o punto de reunión do mundo tecnológico enfocado ao blockchain e o futuro da economía, así como a relación do cidadán con ela, tocando varios aspectos culturais e sociais que acompañan a este ecosistema.

Fuente: Blockgalicia