Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Luz verde á contratación do centro de ciberseguridade en San Cibrao das Viñas | Gaiástech

Luz verde á contratación do centro de ciberseguridade en San Cibrao das Viñas

centro de ciberseguridad en San Cibrao das Viñas
  • O Consello da Xunta tamén deu este xoves o visto e prace á contratación das obras para a construción do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, cun investimento superior aos seis millóns de euros, que se situará nos terreos do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas.
  • Segundo indicou Alfonso Rueda, o centro especializado nace co obxectivo de «fortalecer a ciberseguridade» na contorna da Administración pública, da cidadanía e das empresas, así como para apoiar a innovación no sector produtivo mediante a excelencia na investigación. Tamén busca «fomentar ou desenvolvemento de proxectos vinculados á ciberseguridade» e promover o emprendemento neste campo.

O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé licitar as obras ao longo deste mes de agosto, para poder adxudicalas no outono e que así poidan empezar as actuacións a principios do 2024. O obxectivo co que se traballa é poder poñer en marcha o novo centro en dous anos, xa que as obras contan cun prazo de execución de 20 meses.

O centro contará cunha sala de monitorización, na que se controlarán os sistemas informáticos das entidades interesadas e detectarase calquera alerta. Tamén inclúe unha sala específica para abordar as posibles crises que poidan darse en materia de ciberseguridade, «cada vez máis habituais», engadiu o presidente galego.