Nova campaña contra a ciberdelincuencia | Gaiástech

Nova campaña contra a ciberdelincuencia

ciberdelincuencia
  • En España, a cibercriminalidade viuse incrementada nun 72% respecto ao ano 2019, aumento que se eleva ata o 352% comparando co ano 2015, onde as fraudes e estafas informáticas crecen ata o 444,9%. Por iso, o Goberno presentou o deseño estratéxico para facer fronte ao incremento da cibercriminalidade que inclúe a difusión dunha ampla campaña de concienciación e sensibilización cidadá e un desenvolvemento avanzado do Plan Estratéxico contra a Cibercriminalidade aprobado en 2021.

  • O obxectivo é alertar e sensibilizar á cidadanía sobre a falta de protección e prevención coa que é habitual interactuar no mundo dixital e xerar unha predisposición para denunciar calquera acción ilícita sufrida.

No día de onte o Goberno presentou o deseño estratéxico para facer fronte ao incremento da cibercriminalidade rexistrada en España, que inclúe a difusión dunha ampla campaña de concienciación e sensibilización cidadá.

Teniendo en cuenta que a día de hoxe un de cada cinco delitos en España cométese na rede, o obxectivo desta campaña é alertar e sensibilizar á cidadanía sobre a ciberdelincuencia e as súas consecuencias, xa que se considera que non xeran aínda o necesario impacto social. 

Esta campaña de concienciación e sensibilización cidadá consiste en dúas fases: 

  • A primeira fase basearase na ampla difusión dunha mensaxe de concienciación en formato de anuncio televisivo e anuncio gráfico co obxectivo de lograr unha chamada de atención á cidadanía sobre a falta de protección e prevención coa que é habitual interactuar no mundo dixital, así como as graves consecuencias que esa actitude pode ter. Pódense consultar os vídeos e recursos gráficos da campaña: aquí.
  • Nunha segunda fase, a campaña saltará ás redes sociais, onde se alertará  sobre os distintos ciberdelitos que se detectan ou se producen con maior frecuencia e explicarán as pautas básicas para protexerse deles. Neste caso, distintas accións comunicativas segmentadas buscarán grupos de poboación concretos segundo factores como a idade ou o nivel de coñecementos tecnolóxicos. 

Estatísticas en aumento

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado contabilizaron, durante o ano 2022, 375.506 infraccións penais en cuxa planificación, desenvolvemento e execución resulta determinante o uso de ferramentas tecnolóxicas, sistemas informáticos e métodos dixitais de transmisión, polo que poden ser englobadas baixo o epígrafe de ciberdelincuencia. Estes son datos provisionais pero que xa recollen que a maioría dos ciberdelitos son fraudes ou estafas informáticas, tipoloxía na que encaixan 336.778 das infraccións rexistradas, case o 90% do total. 

No seu conxunto, a cibercriminalidad viuse incrementada nun 72% respecto ao ano 2019, aumento que se eleva ata o 352% comparando co ano 2015, onde as fraudes e estafas informáticas crecen ata o 444,9%. 

Con estes datos, pódese afirmar que esta realidade criminal adquire un notable e negativo impacto sobre os intereses nacionais, as institucións, as empresas e a cidadanía.

Campañas de sensibilización do Nodo CIBER.gal

No caso de Galicia, no ano 2021 rexistráronse 22.010 feitos coñecidos de infraccións penais relacionadas coa cibercriminalidade. Segundo datos do Portal Estatístico de Criminalidade do Ministerio do Interior, este tipo de feitos incrementouse un 89% en 2021 con respecto ao 2019, cifra que se eleva ata o 383% se se compara co ano 2015. 

A Xunta de Galicia, coñecedora destas cifras e as súas tendencias e en liña coa folla de roteiro nacional para facer fronte á ciberdelincuencia, estivo traballando da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a través do Nodo Galego de Ciberseguridade, no deseño dunha campaña de concienciación, sensibilización e capacitación en materia de ciberseguridade destinada a toda a sociedade galega e a todos os niveis. Proximamente, esta campaña será lanzada en todos os medios de comunicación de ámbito autonómico.

 

Para máis información acerca desta noticia: aquí