O Centro GaiásTech acolle no mes de xaneiro a Formación en competencias para a transformación dixital | Gaiástech

O Centro GaiásTech acolle no mes de xaneiro a Formación en competencias para a transformación dixital

red.es

A Formación en competencias para a transformación dixital ten como obxectivos:

  • Formar de maneira gratuíta e adaptada ás novas demandas da sociedade dixital a persoas prioritariamente ocupadas (tamén desempregadas en menor proporción), nas diferentes tecnoloxías, competencias persoais e metodoloxías para o emprendemento na contorna dixital.
  • Mellorar a empregabilidade dos participantes favorecendo unha maior estabilidade no emprego e propiciando a progresión nas carreiras profesionais.
  • Contribuír á mellora do tecido produtivo impulsando a transformación dixital das empresas e dando valor á cualificación dos recursos humanos en competencias para a transformación e a economía dixital.

A formación Programa Crear Futuro - Red.es forma parte da  iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, enmarcada na área de Talento das liñas de actuación do Plan Estratéxico 2020-2022 de Red.es, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais.

As actuacións deste programa están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014-2020 con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) e en particular dentro do obxectivo temático 8 para “promover a sustentabilidade e a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral”.

Deste xeito, a Red.es organiza no Centro GaiásTech 3 sesións formativas en modalidade presencial que poñen en valor a formación en competencias para a transformación dixital:

  • 18/01/2022: Ecosistema emprendedor
    • Analizar os distintos conceptos do ecosistema emprendedor.

    • Coñecer os diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudar na creación e desenvolvemento dunha empresa.

    • Traballar e practicar as diferentes técnicas de ideación e resolución de problemas que proporciona o Design Thinking.

    • Identificar as diferentes fórmulas de financiamento de proxectos e ideas dispoñibles, tanto novas como xa coñecidas.

  • 20/01/2022: Proposta de valor e modelo de negocio
    • Coñecer e analizar os diferentes modelos de negocio e dominar a xeración de ingresos e a xestión de custos.
    • Identificar as ferramentas e habilidades que hai que ter en conta ao traballar cos socios. Pros, contras e precaucións.
    • Practicar algunhas metodoloxías de xestión de proxectos que están a transformar as empresas nos últimos anos.
  • 25/01/2022: Como conseguir os primeiros clientes
    • Conseguir clientes que se manteñan fieis á marca mediante estratexias de fidelización eficaces.
    • Comprender o papel do cliente nun contorno dixital e valorar as técnicas para implementar unha estratexia de mercadotecnia dixital.
    • Comprender a importancia de medir resultados e optimizar as accións en liña como proceso de mellora continua para acadar obxectivos empresariais, mediante o deseño e implementación dunha campaña de captación de clientes.

Ao remate de cada formación, poderase obter un “certificado de curso” que se enviará a aqueles participantes que superen con éxito a avaliación final do curso.

Para coñecer as condicións de participación e efectuar o rexistro de asistencia, consulte a seguinte ligazón