Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Centro GaiásTech acolle a primeira sesión da oitava edición de Tecnólog@ por un día | Gaiástech

O Centro GaiásTech acolle a primeira sesión da oitava edición de Tecnólog@ por un día

tecnologos 1
  • A iniciativa Tecnólog@ por un día forma parte do catálogo de actividades do Plan DigiTalent 2030 para fomentar as vocacións dixitais
  • Esta iniciativa está orientada a rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos, que durante abril e maio poden visitar algunha das empresas tecnolóxicas que colaboran coa iniciativa
  • O 11 de maio, 3 rapaces e rapazas visitaron as instalacións do Centro GaiásTech para coñecer en primeira persoa as tarefas que desenvolve o Centro no seu día a día para favorecer o crecemento do sector TIC Galego, e probaron de primeira man as tecnoloxías disruptivas coas que conta o Centro. 

Durante a mañá do 11 de maio, tres estudantes do Centro Liceo La Paz de A Coruña asistiron ao Centro GaiásTech para dar comezo á primeira sesión da oitava edición de Tecnólog@ por un día.

Na visita, os participantes puideron visitar as instalacións do GaiásTech e coñecer o traballo que se desenvolve no mesmo para favorecer a visibilidade das empresas tecnolóxicas galegas. Deste xeito, fíxose unha visita guiada polos diferentes espazos do Centro, partindo das zonas de traballo colaborativo e individidual das que conta o Centro ata chegar á zona máis relevante do GaiásTech, a zona de "INGRESSUM", un espazo semellante a un auditorio no que as empresas TIC poden facer a súas demostracións, eventos, etc. de xeito gratuíto con actos presenciáis e en liña grazas aos servizos de streaming  do GaiásTech.

Ademáis, os participantes puideron traballar e divertirse grazas ao material disruptivo co que conta o Centro:

  • Impresoras 3D. Os participantes tiveron a oportunidade de ver en primeira persoa como funciona una impresora 3D, saber qué material se usa para este tipo de impresións e o importante que é unha boa calibración das mesas para conseguir unha boa impresión. Así, os rapaces imprimiron tres logos do Centro GaiásTech que puideron levar como agasallo unha vez rematada a visita.
  • Programación de MicroBits. Nesta visita tamén puideron facer uso das microbit que ten o centro, unhas pequenas tarxetas programables de 4x5 cm deseñada para que aprender a programar sexa fácil, divertido e ao alcance de todos e todas.
  • Lentes de Realidade Virtual. E por último, puideron dedicar a última parte da visita a testar as lentes de realidade virtual Oculus Quest 2 coas que conta o Centro. Nesta parte da visita coñeceron as oportunidades que pode ofrecer esta tecnoloxía ao autoaprendizaxe de certas tarefas, como pode ser a prevención de riscos laboráis. Pero por suposto, tamén tiveron a oportunidade de xogar coas mesmas a varias demostracións que facilitan e axudan a adquirir habilidade con este tipo de tecnoloxías.

 

microbit impresora3d
gafas rv impresiones