Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Centro GaiásTech organiza unha xornada sobre tecnoloxías disruptivas para o sector empresarial | Gaiástech

O Centro GaiásTech organiza unha xornada sobre tecnoloxías disruptivas para o sector empresarial

tecnologías disruptivas
  • A xornada terá lugar o 28 de febreiro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela
  • Haberá cinco mesas redondas que tratarán os avances das tecnoloxías disruptivas no sector empresarial
  • Xa se pode facer a inscrición nesta xornada de xeito gratuíto.
 

O Centro GaiásTech organizará o vindeiro 28 de febreiro a xornada “O futuro hoxe: as tecnoloxías que nos están cambiando” que se celebrará na Cidade da Cultura. O obxectivo deste evento é reunir nun mesmo espazo as aplicacións que todas estas tecnoloxías teñen no día a día das empresas e, por tanto, ver a súa aplicabilidade no tecido produtivo.

A xornada contará con mesas redondas e relatorios moderados por persoas expertas en cada unha das tecnoloxías disruptivas: blockchain, big data, internet das cousas, intelixencia artificial e realidade virtual.

Este evento está dirixido tanto ao sector empresarial como á cidadanía en xeral, e mostrará as últimas tendencias en tecnoloxías disruptivas e o seu impacto no mundo empresarial. Desde as 9:30 h e ata as 17:45 h, as persoas asistentes poderán gozar dun completo programa con especialistas deste ámbito.

Para inscribirse no evento, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do GaiásTech. O prazo para facelo xa está aberto e a inscrición é de balde.

GaiásTech

O GaiásTech é unha iniciativa da Xunta de Galicia para lograr a transformación dixital do tecido produtivo e xerar produtos, solucións e servizos cunha pegada tecnolóxica, que proporcionen maior valor, innovación e competitividade nun ámbito global. Así, a través de distintos servizos e actividades, o GaiásTech amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.