Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Centro GaiásTech participa na iniciativa de Obradoiros STEAM | Gaiástech

O Centro GaiásTech participa na iniciativa de Obradoiros STEAM

girlssteam
  • A iniciativa de Obradoiros Steam , impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, trátase dun programa para motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado feminino guiado por unha rede de profesionais de recoñecido prestixio.
  • O seu obxectivo é crear referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado feminino, empoderando ás rapazas para que aposten por carreiras STEAM.

A Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) desenvolven o Programa “Obradoiros Steam”. O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas aos roles das mulleres no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, celebraranse obradoiros formativos prácticos presenciais en 16 concellos galegos, con sesións en dúas quendas por idades:

Os obradoiros STEAM achegan a tecnoloxía aos rapaces e rapazas dun xeito creativo e inspirador, permitíndolles experimentar con actividades como a creación de circuítos en papel, a programación de videoxogos con scratch ou o deseño de cómics interactivos co kit de creación makey makey. Ademais, os participantes poderán desenvolver proxectos máis avanzados que requiren habilidades en programación, como a elaboración de postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva ou proxectos con sensores. 

As xornadas celebradas na área de Santiago de Compostela levaranse a cabo no Centro GaiásTech nas seguintes datas: