O Centro GaiásTech participou na V edición de "Tecnólog@ por un dia" do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia DigiTalent 2021 | Gaiástech

O Centro GaiásTech participou na V edición de "Tecnólog@ por un dia" do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia DigiTalent 2021

tecnologo_por_un_dia

A actividade "Tecnólog@ por un día", impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), permitiu que @s participantes coñecesen en primeira persoa o GaiásTech como un espazo para a demostración e experimentación en tecnoloxías disruptivas e de concentración do coñecemento ao servizo da transformación dixital das empresas, das administracións e da sociedade galega.

 

O obxectivo da actividade era ofrecer aos nenos e nenas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.

Neste eixo, o Centro GaiásTech ensinou aos rapaces e rapazas a importancia que ten a divulgación da ciencia e da tecnoloxía, a creación de sinerxías entre o tecido empresarial galego e, sobre todo, contar a nivel galego cun Centro que achega a tódolos públicos as novedades das tecnoloxías disruptivas que se están desenrolando na comunidade galega.

A actividade de "Tecnólog@s por un día" no Centro GaiásTech desenrolouse en 3 sesións con grupos de rapaces e rapazas de rangos de idades diferentes: un grupo de 12 a 13 anos e dous grupos de 15 a 17.

Nas tres sesións os rapaces puideron coñecer os espazos do GaiásTech, os módulos electrónicos dos sistemas técnicos, e ademáis, facer duas actividades prácticas:

  • Simulación dunha retransmisión en streaming a través de youtube. Con esta actividade os rapaces e rapazas coñeceron unha das tarefas diarias do centro, dende a publicación de contidos na web, maquetación de documentación para a difusión das actividades programadas, xestión do programa de realización en streaming, configuración e programación dunha xornada en vivo a través de youtube, etc.

streaming

  • Testar as lentes de realidade virtual. Neste contexto, os rapaces e rapazas adquiriron coñecementos básicos sobre a importancia que terá a realidade virtual no futuro da nosa sociedade, con aplicación en diferentes sectores nos que os profesionais poderán desenrolar as suas actividades de maneira virtual, así como as ventaxas que o 5G terá sobre estas novas tecnoloxías.

gafas vr