Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O CESGA celebrará o evento de Información Cuántica en España | Gaiástech

O CESGA celebrará o evento de Información Cuántica en España

ICE-8
  • O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e a USC organizan o evento Información Cuántica en España - ICE-8 (Quantum Information in Spain)
  • O evento celebrarase entre o 29 de maio e o 1 de xuño na Facultade de Matemáticas da USC

ICE-8 cobre os aspectos máis relevantes do campo da ciencia e tecnoloxía da información cuántica: computación cuántica, comunicacións cuánticas, metroloxía e detección cuántica, e outras tecnoloxías cuánticas, co obxectivo de axuntar academia e industria.

Está confirmada a participación dos seguintes convidados:

  • Daniel Barredo (CSIC),
  • Daniele Ottaviani (CINECA, Bologna)
  • Dennis Schlippert (Leibniz University Hannover)
  • oaquín Fernández Rossier (INL, Braga)
  • Menno Velhorst (QuTech, Delft)
  • Sofía Vallecorsa (CERN, Geneva)
  • Valerio Pruneri (ICFO, Barcelona)
  • Vedran Djunko (University of Leiden).
Fuente: CESGA