O CITIC Cyber Competition, competición CTF organizada polas Universidades de A Coruña e Vigo | Gaiástech

O CITIC Cyber Competition, competición CTF organizada polas Universidades de A Coruña e Vigo

ctf
  • O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) celebrará o próximo 29 de marzo un evento Capture The Flag, co apoio das Universidades de Vigo e A Coruña. 
  • O evento está dirixido a estudantes dos cursos 2021/22 ou 2022/23 e ten como obxectivo poñer a proba o coñecemento en ciberseguridade dos seus participantes. 
  • Repartiranse 3 premios e agasallos para todos os participantes da modalidade presencial. 

O próximo 29 de marzo de 2023, de 15:30 a 20:30h, o CITIC organiza unha competición Capture The Flag en colaboración con atlanTTic e co apoio das Universidades de Vigo e A Coruña, entre outras entidades. 

Este evento consistirá en poñer a proba os coñecementos dos participantes no ámbito da ciberseguridade a través dunha serie de retos, tocando categorías como a esteganografía, forense, e pentesting, ata conseguir capturar a bandeira. 

Haberá 3 modalidades de participación: 

  • Presencial no CITIC da Universidade da Coruña
  • Presencial en atlanTTic da Universidade de Vigo
  • Online

Requisitos: 

  • Ser estudante  do curso 2021/2022 ou 2022/23
  • Dispoñer de ordenador persoal con conexión a Internet
  • Ser un equipo de entre 1 e 5 persoas
  • Ganas de demostrar habilidades en ciberseguirdade

Ademais, a organización do concurso repartirá premios entre os 3 equipos gañadores e agasallos para todos os participantes na modalidade presencial. En concreto, ofreceranse 3 premios de 1000€, 700€ e 400€ .

As inscricións xa están abertas, pódese acceder a elas: aquí

Para máis información achega do evento: aquí