Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O CPEIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan 28 xornadas sobre ciberseguridade en centros de ensino de toda Galicia | Gaiástech

O CPEIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan 28 xornadas sobre ciberseguridade en centros de ensino de toda Galicia

sofía
  • Estas sesións, denominadas ‘Ciberseguranza Kids’ e impartidas a modo de contacontos, desenvolveranse en outubro no marco do programa ‘Tech Kids’, cunha xornada de peche no Gaiás Tech da Cidade da Cultura o día 26

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan no mes de outubro unhas xornadas sobre ciberseguridade enmarcadas no programa ‘Tech Kids’, actividade incluída na ‘Estratexia Galicia Dixital 2030’ e no ‘Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital’ e realizada a través do convenio asinado entre o CPEIG e a Axencia para a realizacións de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia para fomentar a sociedade dixital.

Organizaranse 28 xornadas formativas presenciais en centros de ensino de Galicia. Comezaron hoxe cunha xornada no CEIP de Zas ás 10 horas. Proseguen xa en outubro en Santiago, O Carballiño, Maside, Boborás, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Reis, O Grove, Cambados, Lalín, Lugo, Rábade, Castrelo de Miño, Cartelle, Vigo, Ribeira, Curtis e en Aldán en Cangas do Morrazo, ademais doutras oito sesións aínda sen confirmar.

O programa “Tech Kids” ten como obxecto formar aos rapaces e rapazas en ciberseguridade. As xornadas de divulgación, denominadas ‘Ciberseguranza Kids’, centraranse na ciberseguridade mediante charlas con tipoloxía de contacontos ou outro tipo de actividade de carácter dinámico e participativo. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos de idade. Ademais, celebrarase unha sesión de contacontos o vindeiro 26 de outubro no centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura en Santiago.

Ademais, a través destes contacontos incidirase no fomento das vocacións STEM entre os máis novos/as, especialmente entre as rapazas con referentes femininas no material didáctico. Tamén esta iniciativa comprenderá a publicación de vídeos específicos e un novo conto con contido de ciberseguridade.

 

XORNADAS TECH KIDS. ‘Ciberseguranza kids’


  • 28 de setembro
    • CEIP de Zas. 10 horas
  • 3 de outubro
    • CEIP As Fontiñas de Santiago. 10 horas
  • 5 de outubro
    • CEIP Calvo Sotelo do Carballiño. 9 horas
  • 5 de outubro
    • CPI Terras de Maside. 10.15-10.30 horas
  • 5 de outubro
    • CEIP de Xuvencos de Boborás. 12.30 horas
  • 6 de outubro
    • CEIP de Antas de Ulla. 9.30 horas
  • 6 de outubro
    • CEIP de Monterroso. 11 horas
  • 6 de outubro
    • CEIP de Palas de Rei. 13 horas
  • 16 de outubro
    • CEIP Valle-Inclán do Grove. 10 horas
  • 16 de outubro
    • CEIP de Corvillón. Cambados. 12 horas
  • 17 de outubro
    • CEIP Varela Buxán en Cercio, Lalín. 10 horas
  • 18 de outubro
    • CPR Divino Maestro de Lugo. 9:15 horas
  • 18 de outubro
    • CEIP Otero Pedrayo de Rábade. 11 horas
  • 19 de outubro
    • CEIP Castrelo de Miño. 10 horas
  • 19 de outubro
    • CEIP San Marcos de Cartelle. 11.15 horas
  • 20 de outubro
    • CEIP Seis do Nadal de Vigo. 10.30 horas
  • 23 de outubro
    • CEIP Heroínas de Sálvora de Ribeira. 9.30 horas
  • 25 de outubro
    • IES de Curtis. 10.30 horas
  • 26 de outubro
    • Gaiás Tech. Cidade da Cultura en Santiago. Hora pendente
  • 31 de outubro
    • CPR Sagrada Familia de Aldán de Cangas do Morrazo. 10 horas
Fuente: Amtega