O desenvolvemento de 30 proxectos piloto sitúa a Galicia na vangarda do despregamento do 5G ao servizo do territorio, da industria e da cidadanía | Gaiástech

O desenvolvemento de 30 proxectos piloto sitúa a Galicia na vangarda do despregamento do 5G ao servizo do territorio, da industria e da cidadanía

Imaxe por defecto - Noticia
  • O Plan Galicia 5G da Xunta permitirá un despregamento temperán desta tecnoloxía que fai posible cumplir co obxectivo de que toda a poboación dispoña de banda larga, pese as dificultades provocadas pola súa dispersión
  • Mar Pereira defende o modelo de colaboración entre as administración públicas e co ámbito privado que se reflicte no nodo de Colaboración 5G de Galicia
  • O obxectivo inmediato é que os proxectos piloto en sectores clave, como a sanidade, a educación. o transporte, a industria, a agricultura ou a banca no rural se transladen á vida real

É necesario avanzar no modelo de colaboración entre administracións públicas e co sector privado defendido pola Xunta de Galicia na introducción da tecnoloxía 5G e noutros obxectivos como o do despregamento de redes, según manifestou hoxe a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.

Mar Pereira participou está mañá na inauguración das xornadas “O poder transformador do 5G” nas que se está a informar sobre a evolución dos 12 casos de uso que desenvolve Telefónica en Galicia. A directora da Amtega agradeceu a esta empresa que elexira a Galicia como o escenario para a realización das primeiras experiencias piloto de 5G en España.

Este posicionamento de Galicia como rexión de referencia cara ao despregamento desta tecnoloxía foi posible grazas a aprobación a mediados de 2018 do Plan Galicia 5G como ferramenta estratéxica para impulsar as aplicacións da última xeración de telecomunicacións na industria e a sociedade e o despregamento das redes na nosa Comunidade autónoma. Neste sentido, Galicia acolleu a primera experiencia mundial de roaming en 5G e Vigo e A Coruña están entre as primeiras cidades de Europa en dispoñer desta tecnoloxía.

Mar Pereira suliñou que a planificación de Galicia está aliñada coas estratexia do Estado e da Unión Europea e enmarcada na Estratexia Galicia Dixital 2030, e na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, aprobada polo Consello da Xunta da pasada semana.

A directora da Amtega referiuse á importancia da tecnoloxía 5G para os entornos rurais e o papel clave que pode desenvolver para resolver dun xeito definitivo as limitación de cobertura con outras tecnoloxías de determinadas zonas, debido á dispersión da poboación. Neste sentido, a Xunta trasladou ao Goberno as prioridades de Galicia en materia de cobertura, entre as que se atopa a necesidade de priorizar para a dotación de 5G a aquelas zonas ás que aínda non puido chegar o 4G.

Na actualidade, Galicia acolle 30 experiencias piloto cos principales operadores de telefonía. Estes programas implican un investimento de máis de 22 millóns de euros.

12 destes pilotos están sendo liderados por Telefónica nunha Unión Temporal de Empresas (UTE); 13 pola UTE liderada por Orange e 5 pola de Vodafone. Os proxectos integran a máis de 27 entidades públicas e privadas entre participantes, axentes colaboradores e clientes.

Os proxectos desenvolvidos pola UTE liderada por Telefónica refírense a:

  • Retransmisión de vídeo en Ultra Alta Definición en Directo;
  • streaming de Vídeo en eventos e situacións de emerxencia:
  • atención médica na contorna rural;
  • túnel conectado (Túnel do Cereixal);
  • internet e TV sobre un acceso fixo radio 5G;
  • inspección e mantemento das vías ferroviarias con drons;
  • Scan 3D, realidade aumentada e modelos 3D para asteleiro;
  • realización e emisión automática de eventos deportivos;
  • exploración e diagnóstico oftalmolóxico remoto;
  • antenas 5G con baixo impacto visual;
  • cobertura en altura para o servizo de drons, e
  • redes flexibles: capacidades diferenciadas por servizos e clientes.

Os proxectos de UTE liderada por Orange son sobre:

  • Acceso remoto a cámaras 360º mediante dispositivos de realidade virtual na praza do Obradoiro ao servizo do turismo intelixente;
  • control de empaquetado mediante proceso e imaxe para conserveira;
  • control de acceso con identificación biométrica baseado en vídeo para a lonxa de Vigo;
  • xestión de loxística de vehículos de transporte alimentario;
  • asistencia remota do alumnado con video streaming para a Universidade de Vigo;
  • sistema de vixianza con drons en entorno portuario;
  • asistencia remota a persoal de campo (da industria e de emerxencias médicas) mediante realidade aumentada;
  • medición de parámetros agronómicos e ambientais;
  • verificación e control de procesos de produción críticos a través de comunicacións sen fíos;
  • servizo de comunicación de banda larga a través de 5G en zonas remotas;
  • xestión intelixente do Campus: control de tráfico, control de accesos... para a Universidade de Vigo;
  • xogos on line multixogador en Cloud Gaming a través de 5G, e
  • retransmisión en directo de eventos deportivos a través de 5G.

Os proxectos da UTE liderada por Vodafone son sobre:

  • Mellora na xestión do tráfico comunicando a información entre vehículos e elementos da estrada;
  • alta previsión en GPS diferenciais embarcados en vehículos;
  • primeira experiencia mundial real de conexión transfronteiriza en mobilidade con 5G (entre Tui e Valença do Minho);
  • apoio á xestión dos medios implicados na extinción de incendios con envío de datos e vídeo en tempo real, e
  • conectividade dunha sucursal bancaria móbil para o rural.
Fuente: Amtega