O GaiásTech completa o seu primeiro mes de funcionamento con numerosas actividades seguidas por máis de 600 asistentes. | Gaiástech

O GaiásTech completa o seu primeiro mes de funcionamento con numerosas actividades seguidas por máis de 600 asistentes.

Evento Tres.14

•    #MesD RRSS foi un programa formativo de 4 sesións sobre o uso de redes sociais enfocadas ao mundo empresarial
•    Todas as xornadas están dispoñibles na canle de Youtube do GaiásTech

Máis de 600 persoas seguiron en directo as primeiras sesións celebradas polo Centro GaiásTech. Neste primeiro mes de actividade, o Centro acolleu 6 xornadas de formación sobre redes sociais, SEO e marketing de atracción, un caso de éxito de implantación dunha plataforma de seguimento de código libre, unha sesión demostradora sobre automatización intelixente, a presentación da iniciativa “Faladoiros Mancomún” e o evento “Tres.14: Innovación, Robotización e BlockChain para optimizar os beneficios dos Fondos Next Generation” organizado conxutamente co CPEIG.

As xornadas foron retransmitidas por streaming debido ás restriccións de aforo provocadas pola pandemia da COVID-19 e están dispoñibles na canle de Youtube do GaiásTech para a súa visualización en diferido. As reproduccións totais superan as 1 500.

O GaiásTech tamén estreou a súa plataforma web, na que están presentes os nodos de especialización tecnolóxica de Galicia CIBER.gal, 5G e IA; así como diversos perfís nas redes sociais Twitter, LinkedIn, Youtube e Instagram que acumulan centos de seguidores.

As persoas interesadas en utilizar as instalacións, equipamentos, ou organizar unha xornada no GaíasTech poden contactar través do correo gaiastech@xunta.gal. Os servizos ofrecidos son de balde tanto para empresas como para particulares.