O II Foro Rexional ISMS Forum Galicia contou coa participación do nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal. | Gaiástech

O II Foro Rexional ISMS Forum Galicia contou coa participación do nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal.

isms

•    O Capítulo Galego de  ISMS Forum organizou a Segunda Edición do Foro Rexional de Galicia destinado á temática da ciberseguridade e a privacidade das empresas de todos os sectores
•    O nodo CIBER.gal participou neste encontro expoñendo os servizos, accións e actividades próximas que porá a disposición das pemes galegas
•    Nesta primeira inmersión, o obxectivo da sesión foi estender os conceptos de risco e seguridade dixital ao tecido empresarial conformado polas Pemes, dotándoo de recursos a través dos que se poidan tomar as decisións apropiadas.
 

O Capítulo Galego de  ISMS Forum organizou a Segunda Edición do Foro Rexional de Galicia en formato dixital.

A  ciberseguridade e a privacidade das empresas de todos os sectores móstranse fundamentais nunha contorna cada vez máis  hiperconectada, e son especialmente vitais para o desenvolvemento e a competitividade de empresas pequenas e medianas na conxuntura actual. Por iso, desde o Capítulo de  ISMS Forum Galicia púxose foco na orquestración dun conxunto de ferramentas de acceso libre e gratuíto para as empresas, que tratarán de orientar en procedementos e boas prácticas que van desde a prevención, a detección e a resposta, ata a avaliación de capacidades e a xestión a continuidade de negocio.

Nesta primeira inmersión, o obxectivo da sesión foi estender os conceptos de risco e seguridade dixital ao tecido empresarial conformado polas Pemes, dotándoo de recursos a través dos que se poidan tomar as decisións apropiadas.

O programa do encontro celebrado a longo de toda a mañá, contou coa intervención do nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal da man de Adrián Lence, Director da Área de Infraestruturas e Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, quen falou do forte impacto dos ciberdelitos e a súa criticidade en Galicia, especialmente procedentes da apresurada adaptación ao teletraballo ocasionada pola pandemia actual. Tamén comentou a folla de ruta da administración pública galega en liña coa táctica europea e nacional, indicando que Galicia ven traballando dende fai anos no desenvolvementeo de plans, estratexias e estructuras que garantan a seguridade da información no eido dixital. Expuxo na súa intervención os eixos de actuación do ecosistema de ciberseguridade en Galicia, destacando o inicio da construción dun edificio que albergará a sede do centro de Ciberseguridade de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 

Especialmente informou da actividade desenvolvida polo nodo CIBER.gal dende a súa constitución, destacando a posta en marcha do grupo de traballo das empresas, que identificará as necesidades en materia de ciberseguridade deste colectivo e deseñará iniciativas que lles den resposta; a publicación dun Acordo Marco de servizos en ciberseguridade e a celebración dun evento integrador en Galicia sobre a seguridade da información.
 

Fuente: ismsforum