O Nodo Galego de Ciberseguridade celebrará o evento CIBER.gal os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura | Gaiástech

O Nodo Galego de Ciberseguridade celebrará o evento CIBER.gal os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura

conferencia

O evento CIBER.gal celebrarase os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Organizado e promovido polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, será un evento integrador que aglutinará a entidades referentes como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), ás principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da Comunidade, e a axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento. 

Se a situación o permite desenvolverase presencialmente, aínda que tamén será retransmitido por internet.

Estará dirixido a 

  • Administracións públicas locais, autonómicas e nacionais
  • Empresas, profesionais e emprendedores do sector da ciberseguridade
  • Persoal de entidades académicas e de investigación
  • Cidadanía: familias, estudantes, cidadáns interesados en coñecer máis de preto o sector

A mañá do día 10 de novembro estará dedicada a  actividades destinadas ao colectivo empresarial, con charlas, paneis de debate e talleres prácticos de ciberseguridade. A tarde do 10 estará dirixida á cidadanía, con actividades de interese para os menores, familia e perfís con interese de especialización no ámbito da ciberseguridade.

O último día do evento celebraranse actividades como charlas divulgativas e paneis de debate, achega do estado actual da ciberseguridade, necesidades e principais retos na Administración Pública.

Proximamente publicaranse as entidades participantes, o programa detallado e os relatores do evento, así como a inscrición ao evento.