Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O portal do novo centro GaiásTech actívase co apoio tecnolóxico de Balidea | Gaiástech

O portal do novo centro GaiásTech actívase co apoio tecnolóxico de Balidea

GTECHweb

O novo centro tecnolóxico GaiásTech, impulsado pola Xunta de Galicia, comezou a súa andaina cunha innovadora plataforma web acorde co cariz avanzado, transformador e disruptivo das propostas que terán o seu punto de lanzamento no GaiásTech. Esta plataforma foi materializada pola empresa galega Balidea, que impulsará a vertente transformadora e visualizadora do centro, un espazo de experimentación ao servizo de empresas, administracións e cidadanía.
A plataforma gaiastech.xunta.gal recolle toda a información sobre o novo centro, as súas actividades e servizos, centrando os seus contidos no impulso do ecosistema dixital galego.

Desenvolvido en Drupal 8, o portal “busca ser o reflexo virtual do propio GaiasTech”, sinala Balidea, engadindo que “dará visibilidade e apoio a todas as actividades que se xeren ou nas que se colabore, aos servizos que se ofrezan e aos recursos que se poñan a disposición de persoas usuarias, facilitando e dinamizando a súa interacción co centro e co seu ecosistema dunha maneira sinxela, dinámica e atractiva”.
GaiásTech será un escenario central para a posta en marcha da Estratexia Galicia Dixital 2030, especialmente do seu eixo transversal, que ten o obxectivo de promover a especialización tecnolóxica a través do reforzo das capacidades e infraestruturas dixitais de Galicia.

A súa superficie, de máis de 500 metros cadrados, contará cun espazo de inmersión interactivo, orientado a experiencias de Realidade Virtual e Aumentada. Conta tamén con salas de ideación con equipos interactivos para acoller actividades e desenvolver proxectos. Amais, ofrecerá servizos como o GaiasTechCloud, para a realización de probas de software na nube, demostracións de solucións tecnolóxicas, reservas de espazos ou o desenvolvemento de xornadas temáticas.
De maneira paralela a este espazo físico, GaiasTech disporá dun xemelgo dixital no que se localizará a axenda tecnolóxica de Galicia, que disporá dos seus propios espazos virtuais e actividades e que permitirá a retransmisión e participación non presencial en calquera actividade.

Fuente: Código Cero