Red.es publica os primeiros 3.000 axentes dixitalizadores do programa Kit Dixital | Gaiástech

Red.es publica os primeiros 3.000 axentes dixitalizadores do programa Kit Dixital

kit digital
  • Red.es publica o catálogo cos primeiros 3.000 axentes dixitalizadores
  • Os axentes dixitalizadores do programa Kit Dixital son os que poden prover as solucións de dixitalización que contempla o programa
  • O catálogo actualizarase semanalmente con novos axentes dixitalizadores

Os axentes dixitalizadores do programa son os únicos habilitados para subscribir os acordos de prestación de solucións de dixitalización cos beneficiarios das axudas do programa Kit Dixital e titulares do bono dixital.

Desta maneira, poden acompañalos nos seus procesos de transformación dixital e prestar as solucións de dixitalización en diferentes ámbitos: sitio web e presenza na internet; xestión de redes sociais; comercio electrónico; xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual; intelixencia empresarial e analítica; xestión de procesos; factura electrónica; comunicacións seguras; e ciberseguridade.

A función dos axentes  dixitalizadores tamén alcanza a colaborar e axudar ás pemes e autónomos no proceso de solicitude das axudas, exercendo como representantes voluntarios. Outra novidade que ofrece este programa é que, unha vez concedida a axuda, a empresa beneficiaria non terá que anticipar a contía monetaria outorgada, xa que son os axentes  digitalizadores quen se encarga dos trámites de xustificación e reciben o pago final do bono dixital.

Fuente: Red.es