SEDEXPO, a feira internacional de seguridade, defensa e emerxencias en Galicia

-
Do 17 ao 19 de novembro, terá lugar en Silleda a celebración da primeira Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO
-
A celebración desta iniciativa é unha oportunidade para o nacemento de novas alianzas, o intercambio de experiencias e a creación de oportunidades de negocio entre os principais axentes implicados no campo da seguridade pública e privada, defensa e emerxencias. Neste sentido, dentro do ámbito da Seguridade ten un especial protagonismo o compoñente de Ciberseguridade, enfocado a solucións e ferramentas.
dfasdfasdfasdf
A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, que se celebra en Galicia na localidade de Silleda dos días 17 ao 19 de novembro, converterase na primeira cita a nivel nacional que ten coma propósito reunir aos principais axentes de cada un dos sectores clave no desenvolvemento do benestar e a protección social.
O transcorrer destas xornadas servirá de punto de encontro onde participarán os principais organismos públicos, institucións, empresas e profesionais do sector. Deste xeito, poderán xurdir novas alianzas, intercambios de experiencias, novas oportunidades de negocio e comprobar todas as novidades e tecnoloxías actuais.
A celebración de SEDEXPO permitirá por en valor unha industria referente e de vital importancia para a economía e a sociedade, cuxo carácter estratéxico xera un importante retorno en forma de riqueza, fomento do emprego cualificado e innovación tecnolóxica.
A feira caracterízase polo marcado carácter internacional, tendo coma propósitos impulsar a presenza no exterior da industria da Seguridade, Defensa e Emerxencias e dar resposta aos retos actuais. Por outra parte, preténdese contribuír ao desenvolvemento de novas capacidades, impulsar a investigación e promover as aplicacións de uso civil.
Dentro do ámbito da Seguridade atopamos un importante compoñente de Ciberseguridade, enfocado a solucións e ferramentas. Preténdese difundir esta cultura e achegala ao público, trasladando a mensaxe de que a ciberseguridade é dunha responsabilidade compartida entre todos. Esta mensaxe aliñase con un dos obxectivos do nodo CIBER.gal, concienciación e difusión acerca da importancia da ciberseguridade no día a día de toda a sociedade.
Formando parte do Comité Organizador atópase a Federación Empresarial Española de Seguridade, Women4Cyber, Asociación Internacional de Seguridade e Emerxencias e o Clúster de Industria de Defensa entre outros. Entre os principais membros colaboradores, a nivel institucional destacan o Ministerio de Defensa e o Ministerio do Interior, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Xunta de Galicia, o Departamento de Seguridade Nacional, o Concello de Silleda e a Deputación de Pontevedra.
Entre as principais actividades a desenvolver atópanse obradoiros conducidos por expertos na materia, demostracións de rendemento de produtos, exhibicións, simulacros e outorgamento de premios e distincións.
No eido desta iniciativa xorde o Foro Internacional da Muller en Seguridade, Defensa e Emerxencias. Este constitúese coma unha plataforma que agrupa a mulleres profesionais a nivel internacional cunha destacada traxectoria nestes ámbitos, favorecendo o intercambio de coñecemento e experiencias a vez que se visibiliza a importancia do papel da muller nestes tres sectores.
SEDEXPO brinda a oportunidade ás entidades interesadas de participar como expositor. O procedemento e os detalles poden consultarse aquí.